Xoán Casiano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
trducida da wiki en español
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de marzo de 2009 ás 20:55

Modelo:Infobox Santos

Xoán Casiano ou Cassiano (Nado entre os anos 360 e 365 e falecido no 435). Sacerdote, asceta e Padre da Igrexa. Descoñécese o seu lugar de nacemento, probablemente Escitia Menor, na desembocadura do Danubio, aínda que é seguro que se formou en Belén e viviu durante sete anos como eremita no deserto de Exipto. Posteriormente recibiu o diaconado en Constantinopla de mans de san Xoán Crisóstomo, e foie ordenado sacerdote en Roma polo papa Inocencio I.

Cara ó 415 fundou a Abadía de San Víctor de Marsella, formada por dous mosteiros , un masculino e outro feminino, para los que escribiu os seus escritos máis importantes: as Institutiones, nas que expón as obrigas do monxe e examina os vicios contra os que ten que estar prevido; e as súas vintecatro Collationes, onde, en forma de diálogos con monxes famosos da antigüidade —como un complemento ás Institutiones— trata diversos aspectos da vida monacal, alaba a vida eremítica e indica que a vida ascética é a mellor vía para loitar contra o pecado.

Os seus escritos teolóxicos influíron nas doutrinas semipelaxianas.

Posteridade

San Bieito de Nursia recomendou ós sus monxes a lectura dos escritos de Xoán Casiano, e empregounos como fundamento para a súa regra, onde en certas pasaxes repítese palabra a palabra citas de Casiano e a mesma regra afirma que debe ser prolongada polas Conferencias dos Padres e as súas Institucións de Casiano.

Os monxes de Occidente apréciano como un dos principais mestres da vida monástica e consideran bo que lles teñan permitido beneficiarse da experiencia dos primeiros monxes de Oriente.

Despois do seu pasamento, o segundo Concilio de Orange, en 529, condenou o semipelaxianismo e deu unha formulación teolóxica da gracia tal como preconizaba San Agostiño. O concilio pronunciouse contra os que, como Xoán Casiano de Marsella, Vicente de Lerins e Fausto de Riez, daban un papel máis importante ó libre albedrío.

Isto probablemente explica porqué Xoán Casiano no haya sido un santo da Igrexa católica romana, aínda que si se venera localmente. Algunhas localidades preto de Lérins levan o seu nome. Porén os seus escritos foron lidos amplamente nos mosteiros de Occidente.

Por el contrario, sí figura en el calendario de santos de la Iglesia ortodoxa donde es muy estimado por sus escritos y por sus posiciones sobre la gracia, en las que los ortodoxos se reconocen, mejor que en las de Agustín de Hipona, en las posiciones tradicionalmente enseñadas por los Padres ortodoxos. Así é como moitos monxes e bispos ortodoxos levan o seu nome.

Bibliografía

  • San Juan Casiano: Instituciones. Tradución en castelán por L. e P. Sansegundo, Ed. Rialp, col. Neblí n. 15, Madrid, 1957.
  • San Juan Casiano: Colaciones. Tradución en castelán por L. e P. Sansegundo, Ed. Rialp, col. Neblí nn. 19 e 20, Madrid, 1958 e 1962.