Diferenzas entre revisións de «Serie de televisión»

m
sen resumo de edición
(Nova páxina: Unha '''serie de televisión''' é unha obra audiovisual que se difunde en emisións televisivas sucesivas, mantendo cada unha delas unha unidade argumental en si mesma e con conti...)
 
m
Unha '''serie de [[televisión]]''' é unha obra audiovisual que se difunde en emisións televisivas sucesivas, mantendo cada unha delas unha unidade argumental en si mesma e con continuidade, polo menos temática, entre os diferentes episodios que a integran. Aínda que o termo emprégase popularmente para designar á ficción seriada, outros xéneros son susceptibles de ofrecerse en serie, como o documental (por exemplo, ''[[Walking with Dinosaurs]]'', ''Camiñando entre dinosauros'').
 
== Series de ficción ==
=== Estrutura narrativa ===
 
=== Estrutura narrativa ===
 
O trazo principal que define a unha serie de ficción é que os seus capítulos constitúen unha unidade narrativa independente en si mesmos, lográndose a continuidade entre un e outro a través dos personaxes, os escenarios ou os temas. A diferenza dos [[serial (televisión)|seriais]], que deixan abertas as tramas dun episodio para outro, nas series estas resólvense dentro do propio capítulo.
 
Con todo, existen producións que non cumpren este requisito e, a pesar diso, son consideradas como series, pola súa factura, proceso de produción e forma de programación. É o caso de ''[[Lost]]'' (''Perdidos'').
 
=== Produción e programación ===
[[Imaxe:Los Serrano.jpg|thumb|250px|Elenco protagonista da produción [[España|española]] ''[[Los Serrano]]'', exemplo de serie de longo percorrido. Foi producida por [[Globomedia]] e emitida por [[Telecinco]] entre as tempadas 2003/04 e 2007/08.]]
 
Unha serie adoita concibirse de forma pechada, con final previsto, pero deixando aberta a posibilidade de ampliar a produción, en función dos resultados de audiencia. O máis habitual é que se realice unha primeira quenda de trece episodios e, se o éxito acompaña, é moi probable que a serie regrese con novas entregas.
 
=== Tipoloxía ===
 
* '''[[Sitcom|''Sitcoms'' ou comedias situacionais]]'''. Desde o punto de vista da produción e a programación, defínense por unha duración entre 20 e 30 [[minuto]]s, polos seus limitados escenarios (un ou dous e case sempre interiores) e porque se gravan coa asistencia de público.
* '''Teleseries ou series de longo percorrido'''. Cada capítulo dura entre 50 e 60 minutos, aínda que, nalgúns países, como [[España]], as metraxes poden ser moi superiores. Posúen diferentes escenarios, tanto interiores como exteriores. Distínguense entre dramas, comedias e ''dramedias''.
* '''[[Miniserie]]'''. É un tipo de produción a medio camiño entre as teleseries e os telefilmes (en inglés, ''TV Movie''). Adoitan exporse para polo menos tres episodios, cunha duración, cada un deles, de aproximadamente 90 minutos, isto é, o estándar que a industria televisiva [[Estados Unidos|estadounidense]] ten asignado aos telefilmes.
 
== Series documentais ==
 
O xénero do [[documental]] pode ser obxecto dunha emisión seriada en [[televisión]], así como as súas distintas variantes, xurdidas a partir dun proceso de incorporación de técnicas características doutros xéneros. É o caso dos ''[[docudrama]]s'', nos que se aborda a realidade con recursos narrativos propios da series de ficción, como a guionización a partir de tramas e, ata, personaxes. Un exemplo de ''docudrama'' seriado é a produción [[España|española]] ''[[Vivir cada día]]'', emitida por [[TVE1]] entre [[1978]] e [[1988]].
 
Outra variante do documental é o ''docu-soap'' (''docu'', de documental; ''soap'', de ''[[soap opera]]''), aínda que, neste caso, as técnicas narrativas utilizadas non proceden das series de ficción, senón dos seriais televisivos. Como nestes, as tramas quedan abertas dun capítulo a outro. A produción [[España|española]] ''Bellvitge Hospital'', ofrecida pola televisión autonómica [[Cataluña|catalá]] [[TV3]], é un exemplo de ''docu-soap''.
 
[[Categoría:Series de televisión| ]]
 
[[ar:مسلسل تلفزيوني]]
29.647

edicións