Escultura da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: it:Scultura greca
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:0033 Louvre Venus de Milo.jpg|thumb|300px|A ''Venus de Milo'', unha das máis célebres estatuas de todos os tempos, obra de [[Alexandros de Antioquía]], [[Museo do Louvre]]]]
A '''Escultura da Grecia antiga''' é unha expresión de significado amplo, empregada para designar a produción [[escultura|escultórica]] [[Grecia|grega]] desenvolvida entre o [[Período Arcaico]], iniciado no [[século VII a.C.]], cando a arte grega comezou a formar un estilo de seu orixinal, e a época do seu derradeiro florecemento importante na chamada era [[arte helenística|Helenística]], que durou até preto de [[100 a.C.]], cando o país xa estaba baixo dominio [[Imperio Romano|romano]].
 
Liña 63:
 
Por volta do [[século II a.C.]] outro forte elemento modificador viu de [[Roma]], que iniciaba a súa expansión, absorbendo moito da tradición grega e á súa vez influenciándoo, por constituíres un novo e grande mercado consumidor de estatuaria, con preferencias de seu. Os romanos apreciaban o naturalismo, con rapaces, animais e persoas comúns pasando a ser tema recorrente, e moitas veces esculpidos baixo encomenda para a decoración de residencias e xardíns de familias ricas.
[[ImaxeFicheiro:Unknown3.jpg|thumb|110px|left|''Retrato de bárbaro'', Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas]]
 
De xeito xeral o período Helenístico continúa a grande tradición do auxe do clasicismo, creando obras perfectamente modeladas en todos os ángulos, con estudados efectos de transparencia no vestiario, aproveitando os xogos de luz con finalidades estéticas e expresivas, e enfatizando a variedade de posturas e sentimentos. Búscase a esencia de toda expresividade e a súa "atmosfera", destacando os [[retrato]]s, onde mais que a exactitude da [[fisionomía|fisionomía]] represéntase o carácter ou vida interior do personaxe.