Talla lítica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:Talla con percutor duro.png|thumb|300px|Talla con percusor duro]]
A '''talla lítica''' é a labra intencionada da [[pedra]] por medio da percusión, ben sexa directa ou indirecta, ou da presión. Escúlpese a materia prima e dáselle forma, aproveitando a fractura concoidea, co obxecto de fabricar útiles nucleares, ou para extraer [[lasca]]s que se poden usar en bruto, ou servir de soporte para [[ferramenta]]s, retocándoas logo da súa extracción. A talla lítica é o proceso de fabricación de manufacturas máis coñecido da [[Idade de Pedra]] e que seguiu sendo moi importante durante a [[Idade do Cobre|Idade dos Metais]], e mesmo seguiu practicándose en tempos históricos. Os obxectos de pedra tallada adrede polos humanos diferéncianse das rompeduras naturais ou accidentais, grazas a que aparecen localizadas en contextos [[arqueoloxía|arqueolóxicos]] ben definidos, e a que os golpes da talla deixan negativos de lascado que seguen certa tendencia, certa orde imposible de atribuír á natureza. O repertorio de xestos de talla organizada vaise coñecendo cada vez mellor e permite establecer diagnósticos cada vez máis seguros, así como un repertorio de pautas morfolóxicas, técnicas e funcionais que son as que permiten establecer a [[tipoloxía lítica]], é dicir, a clasificación, análise e comparación dos artefactos de pedra tallada. A talla lítica non é, en calquera caso, máis que unha das fases da vida dun artefacto lítico ou, por expresalo en términos científicos máis precisos, só é unha porción relativamente curta da cadea operativa. Esta nace coa necesidade ou a idea que estimula ao ser humano a iniciar a súa actividade produtiva, segue coa procura da materia prima pétrea, a súa transformación mediante a talla, ata conseguir os útiles necesarios. Despois está a súa utilización, incluíndo varias fases de mantemento da funcionalidade mediante aguzados sucesivos e, cando a ferramenta é xa inservible, o seu abandono ou a súa reciclaxe noutra peza.
 
== Materia prima ==
[[ImaxeFicheiro:SilexEZ.jpg|thumb|250px|Sílex]]
A materia prima elixida para fabricar ferramentas de pedra tallada son as rochas duras de fractura concoidea por ser a súa labra doadamente controlable. As mellores rochas eran as máis homoxéneas, o [[sílex]] era o máis empregado. Tamén se usaban outras, case todas silíceas como a [[cuarcita]] de gran miúdo, o [[basalto]], o [[cuarzo]] e outras rochas moito máis raras pero tan apreciadas que chegaron a constituírse verdadeiras rutas comerciais desde os lugares de explotación, ata os lugares de demanda, ese é o caso da [[obsidiana]], a [[calcedonia]], o [[xaspe]], etc.
 
Liña 18:
 
== Talla experimental ==
[[ImaxeFicheiro:Pressure Flaking.jpg|thumb|250px|Talla experimental por presión]]
A [[talla experimental]] recreando recreando xestos prehistóricos é un dos alicerces fundamentais para a comprensión da talla lítica, que pode ter tres obxectivos, o primeiro é o de simple diversión ou o desexo de replicar artefactos líticos para expoñelos en museos ou, mesmo, para a súa venda; o segundo é o función didáctica para os alumnos de especialidades de Prehistoria ou Arqueoloxía; o terceiro é a investigación científica pura (a que se suscita a raíz dun problema arqueolóxico xurdido nunha determinada investigación). Neste sentido a talla experimental científica comezou xa en 1903, da man de H. Muller, máis tarde, en 1929, L. Coutier continuou experimentando, aínda que o impulso definitivo veu trala [[Segunda Guerra Mundial]], primeiro con François Bordes (Universidade de Bordeos), a miúdo en colaboración co americano Donald Crabtree (Universidade de Berkeley). Seguiron o seu labor Newcomer, Tixier e outros moitos. A talla experimental é un traballo de laboratorio controlado, cunha análise científica rigorosa que permite asignar cicatrices da talla a técnicas e métodos concretos, con todo, o seu punto fraco é a imposibilidade epistemolóxica de contrastar as extrapolacións: é exclusivamente empírico.
[[Categoría:Prehistoria]]