Diferenzas entre revisións de «Watchmen»

→‎Argumento: parte do argumento
(→‎Argumento: parte do argumento)
==Argumento==
{{spoiler}}
 
En [[outubro]] de [[1985]], Walter Kovacs (Rorschach) investiga o asasinato de Edward Blake e descobre que Blake era en realidade O Comediante, un antigo heroe enmascarado e axente do goberno. Formulando a teoría de que o asasinato de Blake é parte de unha conspiración para elimina-los aventureiros enmascarados, Kovacs comeza a avisar a algúns dos outros heroes: Jon Osterman (Doutor Manhattan), Laurel Jane Juspeczyk (Silk Spectre II), Dan Dreiberg (Búho Nocturno II) e Adrian Veidt (Ozymandias). Juspeczyk e Dreiberg retiráronse tempo atrás debido á Acta Keene aprobada en [[1977]], que prohibía a actuación dos heroes enmascarados. Osterman está exempto, por ser (xunto a Blake) un axente do goberno dos EEUU. Veidt retirouse voluntariamente, en [[1975]] revelou públicamente a súa identidade e empregou a súa reputación e intelixencia para construir unha enorme fortuna persoal.
 
O mundo de ''Watchmen'' é escuro e violento, cos [[Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] ó borde dun enfrentamento nuclear. Pero dende o accidente que en [[1959]] transformou a Osterman no superpoderoso Doutor Manhattan (a única personaxe de ''Watchmen'' con superpoderes), os EEUU desfrutan dunha considerable vantaxe estratéxica, permitíndolles forzar á Unión Soviética a unha serie de derrotas, a máis notable das cales foi a de [[Vietnam]]. Este desequilibrio incrementou dramáticamente a tensión global. Anticipándose a unha aparentemente inevitable guerra global, a sociedade americana ten un xeral sentimento fatalista sobre o futuro.
 
[[Category:Obras de cómic]]
4.515

edicións