Watchmen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 33:
Na realidade alternativa de ''Watchmen'', os comics de superheroes foron moi populares durante a década de 1930, o que animou a algunhas persoas a convertirse en auténticos heroes disfrazados. Isto fixo que os comics de superheroes fosen reemprazados polos de piratas, dado que, xa que existían heroes de verdade, o tema xa non atraía tanto á xente. No ano [[1939]] un grupo de heroes decide traballar xuntos, nacendo así os '''Minutemen''' (''Os homes do minuto''). Os seus integrantes eran: Silueta, Silk Spectre, O Comediante, Xustiza Encarapuchada, Capitán Metropole, Búho Nocturno I, Polilla e Dólar Bill.
 
Pouco despois da creación do grupo este comeza a desfacerse: En [[1940]] O Comediante tenta violar a Silk Spectre e abandona o grupo; en [[1946]] a prensa revela que Silueta vive con outra muller como amante, é expulsada do grupo e seis semanas despois asasinada por un antigo inimigo; Dólar Bill morre mentras tenta deter un atraco; en [[1947]] Silk Spectre abandona o grupo para casarsecasar co seu axente; e Polilla é ingresado nun sanatorio mental debido ó seu alcoholismo e unha crise nerviosa. Finalmente en [[1949]] o grupo disólvese, aínda que por todo [[Estados Unidos]] comeza a aparecer unha nova xeración de heroes.
 
Anos despois, en [[agosto]] de [[1959]] ''Jon Osterman'' morre aparentemente nun accidente no centro de investigación no que traballa. Meses despois, o [[22 de novembro]] dese ano, reaparece como un home alto, calvo e de pel azul. Tras a súa reaparición Jon descobre que pode crear campos de forza, transmutar e crear materia, teleportarse e mover obxetos telequinéticamente. As capacidades do Doutor Manhattan permitíranlle facer importantes descobrementos tecnolóxicos que cambiarán o seu mundo, creando así a maioría das diferenzas entre o mundo de ''Watchmen'' e o noso. Jon toma entón o nome de ''Doutor Manhattan'' (como referencia ó [[Proxecto Manhattan]]) e comeza a traballar para o goberno estadounidense.
 
AAs capacidades de Osterman permitíríanlle facer importantes descobrementos tecnolóxicos que cambiarán o seu mundo, creando así a maioría das diferenzas entre o mundo de ''Watchmen'' e o noso. Así mesmo, a existencia do Doutor Manhattan desestabiliza a [[Guerra Fría]] e os Estados Unidos vólvense máis agresivos. O [[Richard Milhous Nixon|Presidente Nixon]] pide a Osterman que interveña na [[Guerra de Vietnam]], tres meses despois, a guerra remata e [[Vietman]] convértese nun novo estado dos ''Estados Unidos'', o que proporcionou a Nixon unha popularidade sen precedentes (o escándalo do [[Watergate]] nunca ocorreu), obtendo un terceiro e cuarto mandato presidencial.
 
En [[1977]], tras multitudinarias manifestacións en contra dos heroes enmascarados baixo o lema ''¿Quén vixía ó vixiante?'', apróbase a ''Acta Keene'', que prohíbe a actuación de tódolos heroes enmascarados excepto de aqueles que traballan para o goberno (Doutor Manhattan e o Comediante). A maioría dos enmascarados retírase, excepto ''Rorschach'', que se convirteconverte nun ''fóra da lei''.
 
==Argumento==