Théophile Gautier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-sudoeste +suroeste)
Liña 3:
 
==Biografía==
Théophile Gautier naceu o 30 de agosto de [[1811]] en Tarbes, capital do departamento de [[Hautes-Pyrénées]], no sudoestesuroeste de [[Francia]]. O pai, Pierre Gautier, era un pequeno funcionario bastante culto. A mai foi Antoinette-Adelaïde Concarde. A familia trasladouse a París en [[1814]], onde residiron no distrito de Marais.
 
Gautier comezou a súa educación como interno no prestixioso ''Collège Louis-le-Grand'' en París (entre os seus alumnos estiveran [[Charles Baudelaire]] e [[Voltaire]]). A estancia durou tres meses e tivo que ser levado á casa a causa dunha doenza e da súa falta de adaptación. Acabou a instrución no ''Collège Charlemagne'', pero o seu principal educador foi seu pai que o empurrou cara o estudo do [[latín]]. Na escola coñeceu a [[Gérard de Nerval]] que se converteu nun amigo para toda a vida e que lle presentou a [[Victor Hugo]], xa establecido como poeta e dramaturgo e que tería unha importancia definitiva en apartar a Gautier da carreira de pintor coa que daquela soñaba e inclina-lo cara á literatura. Gautier estivo presente no tumultuoso estreo da obra de Hugo "''Hernani''", onde se fixo notar polo seu chaleco vermello.