The Sonics: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
iws, arranxiños
Sen resumo de edición
Liña 13:
 
O son de The Sonics é bastante máis ruidoso, cru e brutal que o de calquera outro grupo contemporáneo seu. Pese a que tiñan unha formación bastante clásica en canto aos instrumentos, conseguiron o seu son identificativo mediante arreglos salvaxes de temas coñecidos, letras provocativas e o uso habitual de [[Guitarra eléctrica|guitarras eléctricas]] distorsionadas ata o máximo posible.
 
 
== Xénero ==
 
Os seus temas son unha mestura entre o garage rock (''Louie, Louie'', ''Have love, will travel'') o rock and roll (''Jenny, Jenny'') e composicións propiamente do seu xénero coma ''Psycho'' e ''The Witch'', todas elas baseadas en secuencias sinxelas de acordes e interpretadas de forma pesada e rápida (algo tamén típico do [[punk]]).
 
As primeiras letras de The Sonics estaban en consonancia coa cultura xuvenil e adolescente dos anos sesenta (mozas, ''surf'', coches, guitarras), pero tamén incluían temas de aspectos máis escuros e provocadores como a [[estricnina]], as bruxas, os psicópatas ou o [[Demo]] ( nas cancións ''Strychnine'', ''The Witch'', ''Psycho'' ou ''Hei's waiting'').
 
 
[[Categoría:Grupos musicais de rock]]