Comuñón anglicana: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras |
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:) |
||
Liña 1:
[[
O termo '''anglicano''' e o seu derivado '''anglicanismo''', proveñen do [[latín]] [[Idade Media|medieval]] ''ecclesia anglicana'', que significa ''igrexa inglesa'', utilízase para describir as persoas, as institucións e as igrexas, como así mesmo ás tradicións litúrxicas e conceptos teolóxicos desenvolvidos tanto pola [[Igrexa de Inglaterra]], no particular, como polas [[Provincia eclesiástica|provincias eclesiásticas]] da [[Comuñón Anglicana]]. Tamén se utiliza no referente ás igrexas anglicanas sen comuñón co [[Arcebispo de Canterbury]], como as partícipes do [[Movemento Anglicano de Continuación]] e moitas outras completamente independentes.
Liña 62:
===Reforma===
{{AP|Reforma en Inglaterra}}
[[
Aínda que os anglicanos recoñecen que o repudio á autoridade do Papa iniciada por [[Henrique VIII de Inglaterra]] conduciu á Igrexa de Inglaterra a existir efectivamente como entidade completamente separada de Roma, tamén recoñecen a súa continuidade con respecto á medieval Igrexa Pre Reforma. Completamente á parte dos seus distintivos costumes e liturxia (por exemplo o [[Rito de Sarum]]) o entramado organizacional da Igrexa de Inglaterra estaba xa establecido ao momento de efectuarse o [[Sínodo de Hertford]] (entre 672 e 673), cando todos os bispos ingleses foron capaces, por primeira vez, de actuar como un corpo, baixo a dirección do [[Arcebispo de Canterbury]]. O efecto do [[Estatuto Restrictivo de Apelacións]] (''Act in Restraint of Appeals'') de [[1533]] e do [[Estatuto de Supremacía]] (''Acts of Supremacy'') de [[1534]], promulgados por Henrique VIII foi, simplemente, declarar que a [[Coroa de Inglaterra]] era «a única cabeza suprema na terra da Igrexa de Inglaterra, chamada ''Ecclesia Anglicana''», e que o [[Bispo de Roma]] non tiña ningunha «maior xurisdicción en Inglaterra que calquera outro bispo estranxeiro». O desenvolvemento posterior dos [[Trinta e nove artigos de relixión]] e a promulgación dos [[Estatutos de Uniformidade]] (''Acts of Uniformity'') culminaron no [[Acordo Relixioso Isabelino]], que deu lugar a unha Igrexa que era á vez [[Catolicismo|Católica]] e [[Reforma en Inglaterra|Reformada]] co monarca Inglés (logo Británico) como o seu [[Gobernador supremo]].
Liña 68:
== O Anglicanismo en contexto ecuménico==
[[
O Anglicanismo está presente hoxe principalmente nos países de trasfondo cultural británico, como as antigas colonias inglesas en América (Canadá, os Estados Unidos e parte das Antillas), así como Australia, algúns países do Sueste de Asia, e de África.
|