Mosteiro de Santa María de Melón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
m Ligazón
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:Mosteiro de Santa María de Melón.Galicia.jpg|right|thumb|360 px|Mosteiro de Santa María de Melón]]
 
O '''Mosteiro de Santa María de Melón''' é un mosteiro de estilo [[románico]] de transición, pertencente á [[Orde do Císter]] e fundado en [[1142]]. O mosteiro atópase no concello [[provincia de Ourense|ourensán]] de [[Melón]]. Do antigo muro monasterial consérvanse hoxe soamente parte da cérca e a portada de traza semicircular, flanqueada por cilíndricos [[torre|torreón]]s con seteiras, o frontón triangular e unha fornela coa imaxe da Virxe. As restantes dependencias quedaron reducidas ás ruínas de dous [[claustro]]s: o das procesións ([[século XVI|S. XVI]]), con [[bóveda]] estrelada e [[arco]]s semicirculares e outro, o da hospedaxe. Estivo habitado ata [[1835]], cando se produciu a [[Desamortización]]. Da igrexa destaca a cabeceira con deambulatorio [[gótico]] e capela de enterramento, emulando á do [[Mosteiro de Oseira]]. A [[ábsida]] semicircular do [[presbiterio]] presenta ao exterior forma poligonal na parte correspondente á capela maior e semicircular nas radiais. Sobre o ángulo formado polas naves e o cruceiro levántase unha [[torre]] de corpo rectangular rematada en casquete piramidal. O conxunto foi declarado [[Conxunto Histórico-Artístico|Monumento Histórico-Artístico]] en [[1931]].