William Tecumseh Sherman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:William Tecumseh Sherman.jpg|200px|thumb|Maior Xeneral William T. Sherman]]
'''William Tecumseh Sherman''', militar, educador e escritor estadounidense ([[8 de febreiro]] de [[1820]] - [[14 de febreiro]] de [[1891]]). A súa celebridade deriva da súa participación co rango de [[xeneral]] na [[Guerra Civil Estadounidense|guerra civil dos Estados Unidos]] ([[1861]]-[[1865]]), onde recibiu tanto eloxios pola súa eficiente utilización da estratexia militar, como tamén fortes críticas pola súa implacable política de "terra arrasada" que utilizou na chamada guerra total contra o inimigo. Esta política mereceulle o cualificativo, por parte dalgúns autores, de "o primeiro xeneral moderno"<ref>Liddell Hart, p. 430</ref>
 
Liña 6:
 
==Estratega==
[[ImaxeFicheiro:William Tecumseh Sherman and staff - Brady-Handy.jpg|thumb|right|300px|Sherman e o seu estado maior, nunha fotografía de Mathew Brady]]
O historial do xeneral Sherman como táctico é diverso, e o seu legado militar reside principalmente no seu control da loxística e na súa brillantez como estratega. O influente historiador e teórico militar británico do século XX [[Basil Liddell Hart]], catalogou a Sherman como un dos máis importantes estrategas nos anais da guerra de todos os tempos, á altura de [[Publio Cornelio Escipión o Africano|Escipión o Africano]], [[Belisario]], [[Napoleón Bonaparte]], [[Thomas Edward Lawrence|Lawrece de Arabia]] e [[Erwin Rommel]]. Liddell Hart recoñeceu en Sherman un mestre da guerra de manobras (tamén coñecida como o "''enfoque indirecto''"), tal como demostrouno pola súa serie de movementos de avance e retroceso contra o xeneral Johnston durante a campaña de Atlanta. Liddell Hart tamén afirmou que o estudo das campañas de Sherman contribuíu significativamente na súa propia obra "Teoría da Estratexia e Tácticas na Guerra Mecanizada", que á súa vez influíu na doutrina da ''[[Blitzkrieg]]'' de [[Heinz Guderian]] e na utilización dos tanques por Rommel na [[Segunda Guerra Mundial]].<ref>Liddell Hart, foreword to the Indiana University Press's edition of Sherman's ''Memoirs'' (1957). Quoted in Wilson, p. 179</ref>