Embrión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: la:Embryo
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 7:
 
==Desenrolo embrionario na especie humana==
[[ImaxeFicheiro:Tubal Pregnancy with embryo.jpg|thumb|right|250px|Embrión humano ás 5 semanas de xestación (10 mm.)]]
O embarazo comeza cando un [[espermatozoide]] fecunda a un [[óvulo]] e fórmase un cigoto, proceso que ocorre no oviducto ([[trompa de Falopio]]) da muller. O cigoto divídese primeiro en dúas células, posteriormente en catro, en oito, dezaseis, trinta e dúas, chegando ao cuarto día á mórula. O cigoto segue o seu camiño até implantarse no [[útero]], entre 4 e 7 días despois da fecundación.
Trinta horas despois da concepción, o cigoto sufre a primeira división celular. O embrión, como se chama a partires de ese momento, segue a se dividir a medida que percorre a trompa de Falopio. Implántase na parede uterina uns seis días despois da fecundación, cando xa se converteu nunha esfera de células con unha masa embrionaria discoidal. Na segunda semana comeza a formarse a [[placenta]], que nutre ao embrión, formado xa por tres tipos de texido primordial: endodermo, ectodermo e mesodermo. No curso da terceira semana fórmase o [[tubo neural]], precursor do [[sistema nervoso]]. Na cara dorsal do embrión comenzan a formarse masas de tecido muscular chamadas sómitas ou sómites, das que surxirán os principais [[órgano (bioloxía)|órganos]] e [[glándula]]s. Os vasos sanguíneos e os primordios da cavidade dixestiva xurden cara o final de esta semana. Cando remata o primeiro mes, xa comezaron a desenvolverse todos os órganos importantes. Os [[ollo]]s son perceptibles, os brazos e as pernas comezan a aparecer e late por primeira vez un [[corazón]] de catro cavidades.