Henry Hudson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:HenryHudson.jpg|200px|thumb|right|Non existe ningún retrato coñecido de Henry Hudson. Desde antigo veuse utilizando este en moita publicacións, pertencente á ''Cyclopaedia of Universal History'' de [[1885]], o cal é seguro que non corresponde ao navegante.]]
'''Henry Hudson''' ([[1565]] - [[1611]]), navegante [[Inglaterra|inglés]], famoso por realizar catro importantes viaxes de exploración. Un [[Río Hudson|río]] e unha [[Baía de Hudson|baía]] de [[América do Norte]] levan o seu nome na súa honra. Da súa vida coñécense moi poucos datos antes de [[1607]], ano en que fixo a súa primeira viaxe para a ''English Muscovy Company''. Ao mando dunha soa embarcación, a ''Hopewell'', Hudson alcanzou as costas de [[Grenlandia]] e [[Svalbard]], e descubriu a illa de Jan Mayen, cando buscaba o paso do Nordés cara a [[Asia]] a través do [[océano Ártico]]. Durante o ano seguinte, viaxou co mesmo barco e para a mesma compañía, e novamente sen éxito busco o paso á [[India]], esta vez navegando a través das illas de Nova Zembla, polo [[mar de Barents]]. Ao seu regreso, a Muscovy Company retiroulle o seu apoio, polo que tivo que buscar na [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]] axuda económica e un novo barco para continuar o seu labor.
 
Liña 6:
En setembro de [[1609]] chegou á baía de [[Nova York]], e durante os seguintes meses explorou o río Hudson, ascendendo 240 quilómetros desde a súa desembocadura ata o lugar onde actualmente se levanta a cidade de [[Albany, Nova York|Albany]]. Antes de terminar o ano, Hudson e os seus homes regresaron a Inglaterra, sendo detidos polo goberno. Hudson recibiu a orde de traballar a partir de entón só para o seu país de orixe.
 
En [[1610]], Hudson partiu no último das súas viaxes patrocinado por unha recentemente creada compañía de cabaleiros ingleses. Co seu novo navío, o ''Discovery'', lanzouse á procura do paso do Noroeste. A mediados do ano atravesara o estreito de Hudson e alcanzado a [[Baía de Hudson]], onde pasou tres meses explorando as illas e costas orientais. [[ImaxeFicheiro:Henry Hudson map.JPG|785px]]
 
Na crenza de que se atopaba no Pacífico, navegou rumbo sur ata a Baía de James. En novembro o barco estaba atrapado no xeo, polo que logo de pasar un duro inverno a causa do frío e a escaseza de alimentos, a discordia xeneralizouse entre a tripulación, acabando cun [[motín]] en xuño de [[1611]]. Hudson, o seu fillo e outros sete membros da compañía foron abandonados á súa sorte nun pequeno bote e nunca máis se soubo deles. Os poucos amotinados que conseguiron sobrevivir puideron chegar a Inglaterra onde foron encarcerados.