Diferenzas entre revisións de «Ducado de Spoleto»

m
Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
m (bot Modificado: ca:Ducat de Spoleto)
m (Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:))
O '''ducado de Spoleto''' foi un territorio [[longobardo]] independente fundado aproximadamente no [[570]] ao sur de [[Italia]].
 
[[ImaxeFicheiro:Mappa italia bizantina e longobarda.jpg|right|300px|Mapa da Italia bizantina e longobarda]]
 
==Historia==
Á sombra do [[ducado de Benevento]], Spoleto mantívose nun segundo plano dentro da historia longobarda, pero nalgúns momentos os seus territorios eran importantes (Umbría, Lacio, as Marcas, e os Abruzzos). Cabe destacar as incursións que o duque [[Ariúlfo]] fixo contra os Bizantinos (579-592 contra [[Ravenna]]; 592 contra [[Roma]]). Sucedeuno Teodelapo, fillo do primeiro duque Faroaldo I. Faroaldo II gobernou conxuntamente co seu irmán Waquilapo, e conquistou [[Classis]], o porto de [[Ravenna]] e saqueouno, pero o rei dos longobardos fíxolle restituír o botín. Faroaldo II foi derrubado polo seu fillo Transamundo ou Trasimundo II ([[724]]), que se sublevou contra o rei longobardo e se aliou co Papa [[Gregorio III, Papa|Gregorio III]], que o acolleu en Roma cando foi derrubado ([[739]]). Hilderico, que o substituíra, foi asasinado por Trasimundo, que recuperou o poder ([[740]]), pero o rei longobardo o depuxo e o enviou a un mosteiro ([[742]]) e nomeou duque a Axiprando, pero á morte do rei Liutprando, Trasimundo recobrou o ducado ata a súa morte o [[745]]. Os reis longobardos ocuparon a miúdo o ducado persoalmente. Durante a segunda metade do [[século VIII]] diversos duques de Spoleto serían tamén reis dos longobardos.
 
[[ImaxeFicheiro:Italy 1000 AD-es.svg|350px|thumb|left|O ducado de Spoleto polo ano 1000.]]
Dous anos despois da caída do [[reino longobardo]] e da ocupación de Benevento, o propio ducado de Spoleto caeu en mans dos francos [[carolinxios]] de [[Carlomagno]] que tomara o título de rei dos longobardos. A pesar de que o territorio foi dado á igrexa, Carlomagno reservou o dereito de nomear os duques.
 
67.216

edicións