Aníbal Malvar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
retiro declaracións non referenciadas
Liña 1:
[[Media:Exemplo.mp3]]'''Aníbal Calvo Malvar''', coñecido como [[Aníbal Malvar]] ([[A Coruña]], [[1964]]), é un xornalista e escritor galego.
 
É autor de varias novelas de [[Novela negra|serie negra]] e tamén guionista de [[cómic]] en colaboración con [[Rober G. Méndez]]. Traballa como xornalista no diario ''[[El Mundo]]''. Xornalista polémico, algún dos seus artigos sobre os McCann <ref>O artigo [http://www.elmundo.es/papel/2008/04/27/cronica/2379688.html Un confuso año sin Madeleine] foi duramente criticado no [http://dn.sapo.pt/2008/04/30/sociedade/jornal_espanhol_cita_policias_ficcao.html Diário de Noticias] por conter informacións falsas </ref>ou sobre a situación lingüística en Galicia<ref>O artigo [http://www.elmundo.es/elmundo/2007/09/02/espana/1188714807.html Y ahora, las 'galescolas'] recibiu a consideración de ataque mediático por [http://www.vieiros.com/nova/60704/as-galescolas-botan-a-andar-no-medio-de-furibundos-ataques-mediaticos Vieiros]</ref> recibiron duras críticas por parte doutros medios.
 
----
----
 
 
'''Comentarios de Aníbal Malvar ao respecto dos enlaces citados (Vieiros)''':
 
-Non penso nunca bicar unha bandeira. A galega, por exemplo, o único que consegue é entorpecer a marcha do nordés. A española serviu para gañar épicas batallas, pero non recordo agora ningunha que non fora contra os propios españois.
 
-Non crin nas galescolas, porque non existe a cultura galega. Existe a cultura universal, aínda que quede moi pouca. Os que escribiron o que precede (por favor, que non se cambie nin se borre o comentario) o demostran. Eles deron á vosa cultura tres liñas de insultos indocumentados, eu escribín un millar de páxinas de insultos moito mellor indocumentados. Eso si, estes tristes pailáns nunca pasarán factura ao silencio cómplice de outros escritores con tribuna pública en España que xamais brandiron, baixo o Padornelo, a defensa das galescolas nos medios nacionais. O silencio é moi agradecido polos redactores de discursos unívocos.
 
-Quen me coñeza, saberá que lembrar a Rosalía como filla bastarda de cura é, desde o meu ponto de vista, un piropo, amais de inequívocamente certo: sempre fun amante das Venus de barrière. Cando nunha pelexa me chaman paiaso ou maricón, doulle as gracias ao sparring e deixo amorosamente que me fostie primeiro él. Son, para min, piropos. Cando chamo puta a unha muller é que a quero.
 
-Os nacionalismos son racistas. Aínda que é certo que os macronacionalistas que asasinan os micronacionalismos son fascistas. Un fascista é un fulano que quere ter por riba (e dándolle polo cu) a un xeneral. Exemplo de virilidade, dinse a si mesmos. Os que añoran a Franco, Bush etc. Os nacionalistas só se añoran a si mesmos.
 
-Escribín en galego porque o galego morría e morre. Son fillo de toledanos educado en castelán, que non tivo o mínimo contacto coa cultura galega ata os 16 anos. Perdín a virxinidade antes de ler á miña querida filla bastarda de cura, e iso que eu teño moi mal follar. Pero qué precioso ser alento no estertor dunha fala, dunha cultura, ser un diminuto eco de Xoan de Cangas 600 anos despois. Deixei de escribir en galego porque os que din defender a cultura galega impiden que se centrifugue, que se difunda, que emigre como unha anduriña ou como un coruñés. Queren que segamos escribindo libros endogámicos sobre mestres impotentes que retornan á súa aldea na procura de viagra intelectual quentando infusións de chorima. A min non me saen ese libros. E os pobres adolescentes contra os que programan esas obras nos institutos non as len. Estúdianas. Por iso prefiren o Código Da Vinci. Qué triste. Eu non quero que me estudien. Que non programen máis os meus libros, por favor, que vendo menos.
 
-Queridos defensores da defensa do que non necesita nin pode nin debe ser defendido. As últimas eleccións galegas perdeunas o BNG, teño entendido. Seica os mestres impotentes non atoparon viagra suficiente na súa aldea como para convencer aos electores (é que os galegos non saben votar, ¿non?).
 
-O nacionalismo traizoa á terra. Nas antepasadas eleccións, cando a actual dirección do BNG negou a palabra a Xosé Manuel Beiras, eu chamei a unha vella amiga contratada polo enfermeiro imaxinario (Quintana) como responsable de prensa.
-¿Pero qué pasou con Beiras, neniña, se ti perdías as bragas cada vez que abría a boca? ¿Por qué agora dicides públicamente que cale?
-É que fala demasiado, i estamos en campaña -contestoume con toda naturalidade desde o outro lado da liña.
Resulta que o único verdadeiro vate/bate do nacionalismo galego falaba demasiado. Os fascistas sempre calaron os vates. Falan demasiado. E sempre estamos en campaña.
 
-Non amo a terra galega. Cando morra, non quero que me sepulten baixo esta terra. Quero que boten as miñas cinzas á ría, entre Vigo e Cangas, desde calquera dos barcos de pasaxe. Polas rías sempre penetran sales foráneas, antes de marchar cara ós océanos. E a ver se algunha marea me derrota camiño dunha praia sen imbéciles.
 
==Obra==