Kizzuwatna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Kizzuwadna
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
'''Kizzuwatna''' ou '''Kizzuwadna''' foi un estado de [[Anatolia]] do sueste ([[Cilicia]]) probabelmente de orixe [[hurritas|hurrita]].
[[ImaxeFicheiro:Hatti.JPG|thumb|300px|Localización dos principais xacementos da Anatolia hitita]]
Xurdiu na rexión chamada [[Adaniya]], que se fixo independente dos hititas sobre a metade do [[século -XVI]]. Probabelmente fíxose independente baixo o rei '''Ammunas''', ou un pouco antes con '''Pilliya''', ao que sucedeu '''Pariyawatri''', considerado o primeiro rei independente de Kizzuwatna, pai de '''Isputahsu''' ('''Ishputakhshu'''), quen o sucedeu. Sábese que xa existía como reino independente na segunda metade do século -XVI, e aparece xa nun tratado co imperio [[Hitita]] baixo o rei [[Telibinus]], no cal o rei '''Isputuhsu''' ou '''Ešputahš''' de Kizzuwatna utiliza un selo co nome probabelmente de "Sarri-Tesub" e reclamou o título de gran rei, tratado que se conservou parcialmente en versións acadia e hitita e que foi o primeiro tratado hitita cun poder estranxeiro igualitario (non se conserva porén a introdución histórica que foi típica nos documentos hititas). [[Hantilis II]], fillo e sucesor de [[Alluwamnas]], fixo outro tratado co rei '''Paddatisu''' ('''Paddatishshu''') onde os dous soberanos se prometían mutua amizade en termos recíprocos e iguais (sobre [[-1480]]), tratado que moi poucos anos despois foi renovado en termos similares polo rei '''Eheya''' de Kizzuwatna e o rei [[Tahurwailis]].