Mísil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:Minuteman3launch.jpg|215px|thumb|right|[[Mísil Balístico Intercontinental]] [[Mísil Minuteman | Minuteman]] III]]
 
Un '''mísil''' é un [[proxectil]] autopropulsado, que pode ser guiado cara ao seu obxectivo durante toda ou parte do seu [[traxectoria]].
Liña 12:
 
===[[Mísil balístico|Mísiles balísticos]]===
[[ImaxeFicheiro:Fusée V2.jpg|thumb|Mísil alemán [[Foguete V-2|V-2]]]]
Son mísiles que se autopropulsan só na parte inicial da súa traxectoria e que non usan a súa [[aerodinámica]] para variar o seu rumbo (porque o seu movemento está gobernado polas leis da [[balística]]). O seu primeiro precursor foi a [[V-2]] alemá. Todos estes mísiles fan uso de motores [[foguete]] e xenericamente adoitan recibir o nome de foguetes. Acadan altitudes moito maiores cós mísiles de cruceiro polo que os reactores son menos viables, así mesmo poden carecer de calquera tipo de mecanismo de [[sustentación]] xa que todo o [[empuxe]] vertical extráeno do lanzamento inicial. Estes mísiles non son estritamente mísiles guiados xa que a súa marxe de manobra está moi limitado polas características iniciais do lanzamento.
 
Liña 21:
===[[Mísil de cruceiro|Mísiles de cruceiro]]===
 
[[ImaxeFicheiro:Tomahawk Block IV cruise missile.jpg|250px|thumb|right|[[Mísil de cruceiro]] Tomahawk]]
Estes mísiles propúlsanse ao longo de toda a súa traxectoria. En esencia voan coma os avións, usando [[á|ás]] e [[alerón|aleróns]] que lles permiten manobrar en [[voo]]. O primeiro precursor destes artefactos foi a [[bomba voante]] V-1. Actualmente distínguense varios tipos de mísiles cruceiro usados amplamente. Os mísiles de precisión de ataque a terra como os [[Tomahawk]], os mísiles para avións aire/aire e os antibuque como o [[mísil Exocet|Exocet]]. Algúns deles utilizan motores a [[reactor|reacción]] (motores que queiman un [[combustible]] co [[Osíxeno molecular|osíxeno]] do [[aire]]) outros fan uso de simples motores [[foguete]] (motores que cargan con ámbolos dous propelentes) o que lles reduce o alcance pero tamén o seu tamaño facéndoos máis manexables. Esta é a necesidade dos pequenos mísiles aire/aire, por exemplo.