Inocencio VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nallimbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: af:Pous Innocentius VI
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
{{PapS-XIV}}
[[ImaxeFicheiro:C_o_a_Innocenzo_VI.svg|left|120px]]
'''Inocencio VI''', (nado en [[Les Monts]] cara 1282 ou 1295 e falecido en [[Avignon]] o 12 de setembro de 1362), foi o [[Papa]] nº 199 da [[igrexa católica]].
Liña 8:
 
Durante o seu pontificado abordou con forza a reforma da administración eclesiástica, para o que prohibiu a acumulación de cargos e beneficios, obrigando ós bispos a residir nas súas respectivas dióceses. Loitou contra a corrupción e reduciu a ostentación e o luxo no que vivía a sé pontificia.
[[ImaxeFicheiro:Innozenz VI.gif|left|thumb|200px]]
En 1354 enviou a Roma ó cardeal [[Gil Álvarez de Albornoz]], xunto a [[Cola di Rienzo]], para acabaren coas revoltas en que vivía inmersa a cidade. Unha vez restablecida a orde, Inocencio confioulle o goberno dos [[Estados Pontificios]].