A Ponte de Domingos Flórez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 1094649 de 83.50.144.144 (conversa)
{{referencias}}; retiro cat redundante
Liña 32:
==Xeografía==
A Ponte sitúase ao longo do tramo inferior do [[río Cabreira]], que entra aquí, aínda encaixado, no [[río Sil]]. Só na parte Leste da localidade ábrese unha veiga, sobre terrazas fluviais do último dos ríos, e que se estende ata Sás ("Salas"), o que xustificou o nome antigo para esta zona de "a Ribeira"; pois aínda que A Ponte de Domingo Flórez vese indicada como capital da [[A Cabreira|Cabreira Baixa]], o certo é que na documentación histórica formaba parte da Ribeira, cualificativo que aínda conserva Sás como [[Sás da Ribeira]]. O Sil forma precisamente límite con a [[provincia de Ourense]], ubicándose na outra beira o concello valdeorrés de Rubiá, e a localidade de [[Quereño]], que mantivo sempre tradicionais relacións con A Ponte, máxime desde a chegada do ferrocarril, que ubicou unha estación no devandito lugar. Para pasar dun lado ao outro do río, fíxose uso en tempos de barcas (''barca de Quereño''), até que nos inicios do século XX, unha familia asentada en Quereño, os López, construíran unha ponte colgante sobre o Sil, cobrando unha tarifa por pasar.
 
Porén a estrada entre Ourense e Ponferrada, pasaba pola Ponte de Domingo Flórez, para o que se construíu unha nova ponte. A que da o seu nome a esta localidade está no núcleo máis antigo e alonxada da nova estrada.
 
==Referencias==
{{referencias}}
 
{{Galegoleón}}
[[Categoría:Concellos galegofalantes de Castela e León]]
[[Categoría:Concellos de León]]
 
[[ca:Puente de Domingo Flórez]]