Hattusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: lt:Hatušas
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:Hattusa.liongate.jpg|300px|thumb|right|A porta dos Leóns]]
 
'''Hattusa''', hoxe [[Boğazkale]] (antes chamada [[Boğazköy]]) en [[Turquía]] ([[40°01′11″N, 34°36′55″E]]), foi a capital do imperio [[hititas|hitita]]. Situada en [[Anatolia]], nun meandro do río [[Halys]], sucedeu a [[Nesa]] durante o reinado de Labarna II que tomou o nome de [[Hattushilis I]] para marcar o acontecemento, sobre [[-1650]].
Liña 8:
Destruída polos invasores [[Gasga]], é reconstruída no reinado de [[Hattusilis III]], sobre [[-1287]]. Foi incendiada outra vez durante a invasión dos [[Pobos do Mar]] en [[-1190]].
 
[[ImaxeFicheiro:Hattusa.rampart.jpg|220px|thumb|left|Os restos da muralla da cidade]]
 
A meirande parte dos edificios atopados nas escavacións de Hattusa data da súa reconstrución no século [[-XIII]]: o seu perímetro, de máis de 6 km, encerra un terreo de máis de 176 [[hectárea|ha]]. É o centro de decisión dun imperio militar, dotada dunha cidadela defensiva e de importantes reservas, situados no baixo dos edificios. A cidade vella, cara o oeste, e a cidade baixa, máis recente, cara o sur, están rodeadas de potentes murallas. Están divididas en barrios protexidos eles tamén por murallas, cousa que reforza o carácter militar da cidade. A cidadela (Büyükkale), empoleirada no cumio dun pico rochoso de 250 m por 150 m, comprende o palacio, residencia real e centro da administración do imperio. Está compartimentada por catro patios de importancias variábeis, a miúdo bordeados de pórticos, ao redor dos que se distribúen os principais monumentos da administración, os arquivos, a sala de recepción con columnata, a residencia real no nivel máis alto. As murallas da cidadela elévanse sobre un terraplén que pode chegar a acadar máis de 60 m de ancho e cuxa pendente se transforma nunha vertente cada vez máis inclinada. A base está feita de grava de bo tamaño, e ás veces úsase o aparello ciclópeo; máis ou menos a 9 m abaixo do terraplén, o muro continúa con ladrillos sen cocer, con torres rectangulares cada 30 m. As portas están flanqueadas de torres e pechadas con batentes de bronce.
Liña 14:
A cidade vella comprende un enorme templo (260 m por 160) dedicado a [[Teshub]], deus da Tempestade e á deusa do Sol, [[Arinna]] ou [[Hebat]], organizado ao redor dun patio central rectangular e dotado de tres “cella” moi retiradas, de almacéns e doutras dependencias. Outros santuarios máis pequenos están situados na cidade nova.
 
[[ImaxeFicheiro:Hattusa.temple1.jpg|500px|thumb|Ruínas dun templo da cidade]]
 
Téñense atopado na biblioteca de Hattusa as grandes obras mesopotámicas e poemas épicos escritos en [[lingua acadia|acadio]], himnos en [[lingua sumeria|sumerio]], en acadio e en [[hurrita]], rituais e himnos en [[lingua luvita|luvita]]. A narración histórica é un xénero no que os hititas se distinguiron particularmente. Son os primeiros que tiveron unha comprensión da Historia. Os seus anais teñen o senso da anécdota, analizan as razóns polas que tal ou cal acción foi emprendida e, nos prólogos dos tratados, lembran as relacións anteriores que motivaron o acordo.