Castelo (fortificación): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Estandarizando interwiki
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:Castelo-de-Almourol vista-geral.jpg|right|thumb|300px|[[Castelo de Almourol]] ([[Portugal]]) visto das augas do [[río Texo]])]]
Un '''castelo''' (diminutivo de ''castro'') é un tipo de fortificación permanente [[Idade Media|medieval]], xeralmente erguido en posición dominante no terreo, próximo das vías de comunicación, o que facilitaba o avistamento das tropas inimigas a gran distancia.
 
Liña 7:
 
==Elementos dun castelo==
[[ImaxeFicheiro:Prunn02.jpg|thumb|240ppx|Patio e torre do castelo de [[Prunn]], [[Baviera]]]]
===A muralla===
O castelo compúñase dun patio central, onde se recollían os refuxiados da vila, e era rodeado polas casas da guarnición, encostadas ás murallas, de onde recebían luz a través de aberturas estreitas , as ''seteiras'' ou ''troneiras''. Na parte superior da muralla corría o ''adarve'' ou ''camiño da rolda'', isto é, un camiño que a percorre na parte superior defendido por un muro con ameas, cuxa largura variaba entre 1 a 4 metros. O castelo, en principio, tiña só dúas portas: unha para a poboación (porta da vila); a outra, para o terreo exterior. A poboación da vila concorría para a defensa das murallas, en caso de ataque, e a guarnición prestaba servizo permanente. Cando en tempos máis modernos a poboación creceu para fóra das murallas pasou a chamarse castelo toda a cerca da antiga vila.
Liña 20:
 
==Os castelos na península Ibérica==
[[ImaxeFicheiro:Castillo cardona.JPG|thumb|240ppx|Castelo de [[Cardona]], Barcelona]]
Na [[península Ibérica]] diversos castelos están erguidos sobre os vestixios de [[castro (poboado)|castro]]s prerromanos, en lugares sucesivamente ocupados até a época da invasión islámica. Cando da [[Reconquista]] [[cristianismo|cristiá]], aproveitáronse moitas desas fortificacións, que se alargaron e reforzaron: aí residía unha poboación escasa, habitando a restante nos campos veciños e só recollendo ao castelo en caso de ataque. O castelo constituíase na sede dun xulgado e gozaba de certos privilexios.
 
Os oito séculos que durou a «[[Reconquista]]» (711-1492) levada a cabo polos reinos cristiáns do norte para recuperar as terras sometidas polos musulmáns mantiveron a Península Ibérica en permanente estado de guerra. Se ademais consideramos as tensións internas entre a nobreza e a monarquía, frecuentes durante a baixa idade media e o renacemiento, que derivaron ás veces en auténtica guerra civil, compréndese facilmente o papel que tiveron os castelos e o motivo da súa abundancia en España.
 
A maior concentración de castelos prodúcese en [[Castela]], que por esta circunstancia debe precisamente o seu nome. No ano [[800]], primeiro momento en que aparece na historia a denominación de Castela, as terras que algo máis dun século despois se unificarían no condado dese nome estaban salpicadas de castelos para a defensa do [[reino de León]] na súa fronteira co [[Islam]]. A medida que esa fronteira se foi desprazando contra o sur, e mentres o reino de Aragón se comprometeu tamén na empresa da reconquista, foise creando ao ancho de toda a península un frente abundante de fortificacións castelares. Os árabes tamén construíron as súas propias obras de defensa, o que contribuíu ao número e variedade de castelos que podemos encontrar pola península ibérica. [[ImaxeFicheiro:CastilloTurégano2.jpg|thumb|240ppx|Castelo de [[Turégano]] (Segovia)]]
 
A estrutura arquitectónica do castelo sofre unha mutación ao longo dos tempos. A mediados do [[século XIV]] asistimos a unha difusión excesiva por parte de exércitos belixerantes de armas de fogo, tornándose necesario efectuar modificacións nos castelos.