Clorofila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: jv:Klorofil
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 15:
O ''fitilo'' (ou ''resto de fitol''; chamamos resto ou refugallo á parte dunha molécula incorporada á estrutura doutra maior) é unha cadea hidrocarbonada con restos de metilo (-CH<sub>3</sub>) ao longo. Ten, como todas as cadeas orgánicas baseadas só en C e H, un carácter “hidrófobo”; é dicir, que repele a auga. A cadea do fitilo serve para ancorar a molécula de clorofila na estrutura [[anfipático|anfipática]] dos complexos moleculares en que residen as clorofilas.
{|
| [[ImaxeFicheiro:chlorophyll_structure.png|thumb|left|200px|estrutura das clorofilas ''a'', ''b'' e ''d'']]
|| [[ImaxeFicheiro:Chlorophyll c.png|thumb|left|200px|Estrutura das clorofilas ''c1'', e ''c2'']]
|}
 
==Espectro de absorción e cor==
[[ImaxeFicheiro:Chlorophyll ab spectra.png|thumb|right|240px|Absorbancia <!-- NINGUÉN DEBERÍA TOCAR a palabra anterior sen se informar primeiro--> das clorofilas ''a'' e ''b'' a distintas lonxitudes de onda. Pode verse que absorben as cores dos extremos do arco iris (cara o azul e o vermello), mais non o verde, do que procede a súa cor.]]
As clorofilas teñen tipicamente dous picos de absorción no espectro visíbel, un no contorno da luz azul (400-500 nm de lonxitude de onda), e outro na zona vermella do espectro (600-700 nm); non obstante, reflicten a parte media do espectro, a máis nutrida e correspondente á cor verde (500-600 nm). Esta é a razón pola que as clorofilas teñen cor verde e llelo conferen aos organismos, ou a aqueles tecidos que teñen cloroplastos activos nas súas células, así como ás paisaxes que forman.