Río Saskatchewan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sv:Saskatchewan River
m Robot: Reemplazo automático de texto (-sudoeste +suroeste)
Liña 16:
Fórmase na zona central de Saskatchewan, aproximadamente 40 quilómetros ao leste de Prince Albert, pola confluencia das súas dúas ramas principais, Saskatchewan do Norte e Saskatchewan do Sur, no ''Saskatchewan River Forks''. A fonte de ámbolos dous ríos provén dos [[glaciar|glaciares]] das Montañas Rochosas en Alberta.
 
A corrente combinada flúe á vez leste-nordés, cara ao Lago Codette formado pola presa de Nipawin e cara ao Lago Tobin, formado pola presa E.B. Campbell. Logo flúe nordés, fóra do bordo das saias das Grandes Chairas sobre o [[Escudo Canadense]], atravesando unha rexión de pantanos, onde se xunta polo noroeste co río Torch e co río Mossy. Pola parte norte dos pantanos flúe cara o leste, enroscándose ao redor dunha serie de pequenos lagos cara o oeste central de Manitoba ata O Pas, onde se lle une polo sudoestesuroeste o río Carrot. Ao sueste do Pas, forma varios arroios nun delta á beira noroeste do Lago Cedar, deixando o lago polo seu extremo sueste e fluíndo aproximadamente 5 km ata o [[lago Winnipeg]], entrando na beira norte de Long Point.
 
O nome do río, como a provincia de [[Saskatchewan]], deriva da lingua [[Cree]]: ''kisiskāciwani-sīpiy'', que significa "río de curso veloz"<ref>[http://geonames.nrcan.gc.ca/education/prov_e.php#sk Nomes xeográficos do Canadá]</ref>. O río e os seus afluentes proporcionaron unha importante ruta de transporte para os nativos americanos e os primeiros trampeiros europeos.