Lebor Gabála Érenn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
DragonBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: it:Lebor Gabála Érenn
m Robot: Reemplazo automático de texto (-sudoeste +suroeste)
Liña 12:
* '''Do Pobo de Cessair''': No terceiro libro cóntase a historia de Cessair, filla de Bith ([[Noé]]?) que avisa ao seu pai da chegada do [[Diluvio Universal]]. Conseguen partir en barcos feitos de árbores pero só chegan ao seu destino, Irlanda, un dos tres barcos. Neles vai ela, Cessair, con outras corenta e nove mulleres e só tres homes (o seu pai, o seu compañeiro Fintán Mac Bóchra e o timonel Ladra). As mulleres escollen ao seu home, de forma que Cessair e outras dezaseis mulleres elixen a Fintán; outras dezaseis, xunto con Bairrfhind, compañeira de Cessair, elixen ao seu pai. As restantes dezaseis elixen a Ladra, que morre pouco despois sendo o primeiro home a ser soterrado en terra irlandesa. Corenta días despois chega o Diluvio, e Fintán logra sobrevivir refuxiándose durante un ano nunha cova baixo as augas. Chamado o Ancián Branco, vive durante 5500 anos trala Inundación e presenza os seguintes asentamientos celtas baixo a forma dun salmón, unha aguia e un falcón sucesivamente.
 
* '''Do Pobo de Partholón''': trescentos anos tralo diluvio, Partholón, da mesma estirpe dos Gaélicos, chega a Irlanda cos seus tres fillos e o seu pobo. Tras dez anos de paz chega a guerra cos Fomorianos, unha raza de demos acaudillados por Cichol Gricenchos. O pobo de Partholón sae victorioso, pero por pouco tempo. En só unha semana son dezmados por unha praga -cinco mil homes e catro mil mulleres- que son soterrados na Chaira do Elta, ao sudoestesuroeste de [[Dublín]], nunha área chamada Tallaght, que significa "a grande praga" en gaélico. Só un home sobrevive a ela, Tuán Mac Cairell, quen (do mesmo xeito que Fintán Mac Bóchra) sobrevive durante séculos encadeándose nunha serie de transmigracións, de forma que actuará como testemuña da historia posterior. Este libro inclúe tamén a historia de Delgnat, a muller de Partholón, que é similar á da [[Xenebra]] [[ciclo artúrico|artúrica]].
 
* '''Do Pobo de Nemed Treina''': anos tras a desaparición dos Partolonianos, Irlanda é ocupada polo pobo de Nemed, cuxo bisavó fora irmán de Partholón. Durante a ocupación, deben enfrontarse de novo aos Fomorianos, pero após a súa morte esta xente é escravizada por dous líderes Fomorianos, More e Conan. Contodo, conseguen asaltar a Torre de Conan na Illa Tory. Conseguen a vitoria pero nunha batalla contra More destrúense ambas as dúas armadas. Unha nova inundación cobre Irlanda, dezmando aos nemedianos, e só un puñado de sobrevivintes se dispersan polas catro esquinas do mundo.