Árabe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hu, id, nl, pl, vo
m Robot: Reemplazo automático de texto (-sudoeste +suroeste)
Liña 3:
# '''Natural de [[Arabia]]''' ou membro ou descendente dalgunha das súas antigas tribos.
# Persoa que ten como lingua materna o árabe, á marxe da súa orixe étnica. Os [[Mundo Árabe|países árabes]] son aqueles nos que a súa poboación (ou a maior parte da mesma) fala árabe. Os países árabes son produto da expansión do imperio [[Islam|islámico]], e polo tanto da súa lingua oficial e litúrxica, dende o seu berce orixinal en Arabia.
#'''[[Lingua árabe]]'''. [[Lingua semítica]] falada en países do norte de [[África]], como [[Exipto]], [[Libia]], [[Tunicia]], [[Arxelia]], [[Marrocos]], [[Sudán]], [[Sahara Occidental]] , [[Mauritania]], [[Chad]] e [[Yibuti]]. Minoritariamente nas illas [[Comoras]], e algúns sectores de [[Mali]], [[Níxer]], [[Somalia]] e nas prazas de soberanía española de [[Ceuta]] e [[Melilla]], e no sudoestesuroeste de [[Asia]]: [[Arabia Saudí]], [[Yemen]], [[Omán]], [[Emiratos Árabes Unidos]], [[Qatar]], [[Kuwait]], [[Iraq]], [[Siria]], [[Líbano]], [[Palestina]], [[Xordania]] e [[Bahréin]], fálase tamén en algunhas zonas de [[Israel]], [[Turquía]] e [[Irán]], algúns sectores da [[India]], [[Indonesia]] e as [[Filipinas]]. Fálana tamén grupos importantes de emigrantes en [[Europa]], países como [[España]], [[Francia]], [[Italia]], [[Portugal]], [[Grecia]], [[Alemaña]] e o [[Reino Unido]]. O árabe ten unha variedade literaria, chamada en árabe ''al-luga al-fushà'' ou "a lingua máis elocuente", que en idiomas occidentais acostuma nomearse como [[árabe clásico]] e que comprende a lingua da literatura anterior ao [[Islam]], a lingua do Corán e a lingua da literatura posterior ao Islam. A variedade lingüística estándar que se usa como lingua oficial no mundo árabe actual é unha modalidade de árabe clásico que en occidente acostuma recibir o nome de árabe literal ou literario. Por outro lado, no nivel da lingua falada o árabe ten multitude de dialectos moi diferentes entre si.
#'''[[Alfabeto árabe]]'''. Conxunto de signos propio do árabe, que é ou foi utilizado para codificar tamén os idiomas de poboacións musulmás non árabes como o [[urdu]], o [[idioma persa|persa]], o [[Lingua dari|dari]], o [[pashtún]], o [[kurdo]] ou o [[Idioma uigur|uigur]] na actualidade, e no pasado tamén o [[turco]] e demais linguas desta familia, o [[malaio]], o [[tártaro]], o [[wolof]] e outras linguas africanas e incluso o [[lingua castelá|castelán]] entre os [[mouriscos]].