Edfu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m bot Modificado: zh:埃德富
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:Edfu.jpg|right|thumb|350px|Plano e reconstrución do primeiro [[pilono]] do templo de Horus]]
 
'''Edfu''' ou '''Idfu''' é unha cidade de [[Exipto]], antiga capital dun [[nomo]] do [[Alto Exipto]]. Os gregos coñecíanna como ''Apollinópolis Magna'' e é famosa sobre todo polo templo de [[Horus]]. Era un lugar sagrado de grande importancia pois dicíase que alí o deus halcón Horus librara un feroz combate co seu tío [[Seth]], quen tamén asasinara ao seu pai [[Osiris]].
Liña 9:
O templo oriéntase cara o sul e ten 137 metros de longo. O muro que o arrodea únese a el á altura da entrada, deixando un paso reducido. O primeiro '''[[pilono]]''', de 36 metros de altura, está decorado con escenas que mostran a [[Ptolomeo XII]] Neo Dioniso derrotando aos seus inimigos en presenza de [[Hathor]] e de [[Horus]]. As dúas torres do pilón están divididas en catro andares con cámaras iluminadas por aberturas estreitas. Van precedidas de dous [[falcón]]s de [[granito]] negro.
 
[[ImaxeFicheiro:Edfu pylon from courtyard.jpg|left|thumb|200px|Pilono desde o interior do patio]]
[[ImaxeFicheiro:Egypt.Edfu.Temple.01.jpg|right|thumb|100px|Estatua do deus falcón Horus]]
O '''patio''' está rodeado por unha [[columnata]] en tres dos lados. Os [[capitel|capiteis]] son diferentes en cada columna mais correspóndense cos do lado oposto. Xusto antes da entrada ao '''[[pronaos]]''' ou primeira sala [[hipóstila]] atópase unha famosa estatua do falcón [[Horus]], coa cabeza coberta por unha [[dobre coroa]]. As dúas pequenas cámaras laterais servían para a purificación dos sacerdotes antes dos ritos e como biblioteca, co catálogo de libros litúrxicos inscrito nas paredes.
 
Liña 19:
O '''santuario''' de Horus ten un altar de granito negro, un monolito de catro metros de altura. No muro externo aparece a lista dos [[nomo]]s do [[Alto Exipto|Alto]] e [[Baixo Exipto]].
 
[[ImaxeFicheiro:Edfu Mammisi.jpg|left|thumb|200px|Mammisi]]
Ao sul atópanse os restos da '''casa do nacemento de Horus''' ou ''[[mamisi]]'', o lugar no que se celebraba a festa da Coroación, ritual que celebraba o nacemento de Horus e a súa encarnación como [[faraón]] reinante. A construción consta dun [[vestíbulo]] flanqueado por dous pequenos recintos e un santuario, arrodeado todo por un [[peristilo]]. Os capitais dos pilares do [[pórtico]] son todos diferentes e rematan en [[dado]]s decorados con cabezas de [[Bes]], divindade ligada ao parto. No interior as escenas mostran o nacemento de Horus, amamantado por [[Hathor]] e [[Dandara]].