Guerra do Peloponeso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 8:
 
===O conflito con Corinto===
[[ImaxeFicheiro:Map Peloponnesian War 431 BC-fr.svg|thumb|250px|align|left|A guerra do Peloponeso]]
 
O detonante da guerra foi a rivalidade comercial entre dúas potencias marítimas: Atenas e Corinto. Esta cidade era a principal aliada de Esparta e arrastrou aos demais a unha guerra que ninguén quería. Todo comezou por unha das fútiles e endémicas loitas internas que envelenaron a historia da Grecia antiga. Os acontecementos que precipitaron esta guerra comezaron en [[-433]], cando estalou unha querela entre [[Epidamno]] e [[Corcira]]. Aínda que Corcira fora fundada por [[Corinto]], esta tomou partido por [[Epidamno]]. Na cidade de Epidamno, colonia fundada por Corinto e Corcira ao mesmo tempo, loitaban pola hexemonía política dous partidos que solicitaron axuda ás súas respectivas metrópoles. Corinto, desexando ampliar a súa influencia, enviou unha forza de apoio ao partido demócrata, e Corcira respondeu asediando a cidade. Esta iniciativa serviulle de escusa a Corinto para lanzar unha operación naval, que se estrelou contra a superioridade numérica de Corcira, que venceu e forzou a rendición de Epidamno. Para se desquitar da derrota, Corinto preparou unha guerra naval a grande escala, e Corcira solicitou o apoio dos atenienses.