Doniños, Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 16:
'''San Román de Doniños''' é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de [[Ferrol]]. Segundo o [[INE]] no ano 2007 tiña 840 habitantes, 13 menos que no 2004 (cando tiña 429 homes e 424 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación.
 
Nesta parroquia está a [[lagoa de Doniños]], fronte á [[praia de Doniños]], encaixada nun val arrodeado por cobos mariños. A área protexida, enmarcada no [[LIC|Lugar de Interese Comunitario]] [[Costa Ártabra]] (que abrangue parte da [[comarca de Ferrol]]terra), abrangue aquí a [[praia de Doniños]], o complexo dunar e a [[lagoa de Doniños]], de case nove metros de profundidade.
 
Arrodeada por manchas boscosas de ribeira, destaca na súa vexetación a presenza de prantas acuáticas nos bordes da lagoa, como a ''ranunculus aquatilis'', a ''potamogeton natans'' ou a ''nimphaea alba''. A ''eleocharis acicularis'' e a ''litorella uniflora'' pódense atopar nas áreas encharcadas.