Angazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nallimbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ko:갈퀴
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:Les Très Riches Heures du duc de Berry juin.jpg|thumb|275px|A muller da esquerda do espectador está a manexar un angazo, ·Xuño", ilustración de 1412-1416, dos [[Irmáns Limbourg]], no [[Les Très Riches Heures du Duc de Berry]]]]
 
O angazo é unha ferramenta agrícola, tamén denominada '''anciño''', '''ancazo''', '''enciño''', '''engazo''', '''rastrelo''' e '''rastra'''.
==Etimoloxía==
[[ImaxeFicheiro:Wooden rake.jpg|thumb|left|250px|Anciño tradicional de madeira, incluídos os dentes]]
Non existen datos que testemuñen con exactitude a orixe das formas galegas máis estendidas para este instrumento. Os vocábulos galegos ''angazo'' e ''engazo'', e mais as variantes correspondentes ás zonas de [[gheada]] e [[seseo]], poden ter orixe nunha suposta forma latina non rexistrada ''hamicaceus'', e que derivaría de ''hamus'' (co significado [[latín clásico|clásico]] de [[anzol]] ou gancho)<ref>J. Almeida Costa e A. Sampaio e Melo, Dicionário da Língua Portuguesa. Porto. 1979, 5ª edic.</ref>. ''Anciño'' e ''enciño'', e mais as súas variantes con seseo, puideron derivarse dunha suposta forma latina non rexistrada ''uncinus'', que sería derivada de ''uncus'' (co significado clásico de gancho)<ref>Porto Dapena, J.A., El gallego hablado en la comarca ferrolana. Verba, Anejo 9. Santiago 1977, páx. 67 infra.</ref>. Finalmente, os termos ''rastra'' e ''rastrelo'' deberon ter orixe na forma do latín clásico ''rastrum'', que se aplicaba a diversas ferramentas do traballo agrícola.
 
==Descricion==
[[ImaxeFicheiro:GrassRake.jpg|thumb|250px|left|Anciño moderno para angazar follas]]
Orixinariamente elaborado integramente en [[madeira]] e que consiste nunha travesa mangada sobre a que se insertan varios dentes (8 ou 10) algo aguzados e que serve para rastrelar e amoreirar follas, herba, palla, etc.