A '''chicoria''' (''chicoriaCichorium intybus'') é unha [[planta]] herbácea perenne da familia das asteráceas, de follas ásperas pode acadar o metro de altura, medra en abas pedregosas e terreos estériles sempre que lle dea o sol. Cómense as súas follas tenras e coa súa raíz prepárase unha [[infusión]], tamén denominada chicoria, con propiedades medicinais que se consumiu profusamente ata mediados do século XX.