Serxio III, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
aumentado desde es:Sergio III
Liña 1:
{{PapS-X}}
{{Papas en progreso}}{{PapS-X}} [[Categoría:Papas]]
 
[[Ficheiro:SergiusIII.jpg|thumb|left|200px]]
 
'''Serxio III''', nado en [[Roma]] e falecio o [[14 de abril]] de [[911]], foi o 119º [[papa]] da [[igrexa católica]], entre o [[29 de xaneiro]] de [[904]] e a súa morte.
 
A súa elección supuxo o inicio dun período da historia do papado coñecido como "[[pornocracia]]", debido á influencia que nas decisións papais xogaron as amantes dos pontífices.
 
Conde de [[Túsculo]], foi nomeado bispo de [[Cerveteri]] polo papa [[Formoso, papa|Formoso]], foi non obstante un dos participantes no [[concilio do cadáver]] celebrado contra dito pontífice a instancias de [[Estevo Vi, papa|Estevo VI]], que rematou coa exhumación e profanación do cadáver.
 
Á morte de Estevo VI en [[897]], intentou, apoiado pola familia Spoleto, acceder por primeira vez ao trono papal, aínda que fracasou ao resultar elexido [[Teodoro II, papa|Teodoro II]].
 
Ao ano seguinte intentou por segunda vez acceder ao pontificado, fracasando novamente ao ser elexido [[Xoán IX, papa|Xoán IX]], o que lle supuxo ser excomungado e exiliado ata que o papa [[León V, papa|León V]] revocou a excomuñón e puido volver a Roma en [[903]].
 
Tralo seu regreso, e apoiado pola familia Spoleto e sobre todo polo senador e xefe militar de Roma, [[Teofilacto I]], depuxo e fixo encarcerar ao antipapa [[Cristóbal, antipapa|Cristóbal]] para logo facelo estrangular xunto ao papa [[León V, papa|León V]].
 
Eliminados o papa e o antipapa, os seus valedores fixérono elexir pontífice o 29 de xaneiro de 904, e mandou anular os decretos xordidos de todos os concilios celebrados desde [[898]] co obxecto de rehabilitar a Formoso.
 
Serxio III tivo como amantes á esposa de Teofilacto e á filla deste, [[Marozia]], coa que tivo un fillo, o futuro papa [[Xoán XI, papa|Xoán]], e que se convertiron nas verdadeiras gobernantes de Roma durante varios decenios.
 
Durante o seu pontificado, en [[905]] o emperador [[Luís III, Emperador Carolinxio|Luís III]] intentou regresar do seu exilio, sendo capturado e cegado polo rei de Italia [[Berenguer de Friuli|Berenguer I]], que o destituiu como emperador e intentou sen éxito que o papa Serxio o coroase como sucesor.
 
Na súa relación con Bizancio, autorizou o cuarto matrimonio do emperador [[León VI]] coa súa amante Zoe, que lle dera o seu único herdeiro. Así, non só se enfrontou co [[Patriarca de Constantinopla]], [[Nicolás, patriarca de Constantinopla|Nicolás o Místico]] senón que ignorou tanto a lexislación civil da época, como a eclesiástica.
 
Entre os aspectos positivos do seu pontificado cabe sinalar que durante o mesmo, en [[910]], fundouse a abadía benedictina de [[Cluny]] grazas á doación dunha vila feita polo duque [[Guillerme I de Aquitania]] coa condición de que a mesma dependese directamente do papa e non dun nobre ou un bispo.
 
Así mesmo reconstruíu a basílica de [[San Xoán de Letrán]] que fora destruída por un terremoto.
 
{{sucesión
| título = [[Ficheiro:Emblem of the Papacy SE.svg|40px|center]] [[Papa]]
| período = [[904]] – [[911]]
| predecesor = [[León V, papa|León V]]
| sucesor = [[Anastasio III, papa|Anastasio III]]
}}
 
[[Categoría:Papas]]
 
[[af:Pous Sergius III]]