Provincia de Xaén: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 1:
A '''provincia de Xaén''' (en [[lingua castelá|español]] ''Jaén'') é unha das oito provincias que conforman a comunidade autónoma de Andalucía. A súa capital é [[Xaén]].
 
A súa superficie é de 13.498 km². A súa poboación é de 660.284 habitantes ([[2005]], [[INE]]), dos cales, preto dunha sexta parte viven na capital, e a súa densidade de poboación é 48,01/km². Está composta por 97 concellos, entre os cales destacan, xunto coa capital, [[Linares]], [[Úbeda]], [[Baeza]], [[AndúxarAndújar]], [[Martos]], [[Cazorla]] e [[Alcalá la Real]].
 
===Comarcas===
[[Ficheiro:Comarcasjaén.png|thumb|230px|[[Comarcas de Xaén|Comarcas]] da provincia de Xaén]]
* [[Comarca Metropolitana de Xaén|Metropolitana]]: comarca que comprende practicamente a totalidade da área metropolitana da [[capital provincial]]. Ten unha poboación de 220.448 habitantes, unha superficie de 1.755,56 [[km²]], e unha densidade de poboación de 125,57 [[hab/km²]]. A súa capital é [[Xaén]]
* [[Serra Morena, Xaén|Serra Morena]]: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte da [[cordilleira]] de [[Serra Morena]] incluíndo o [[Despeñaperros|Parque Natural de Despeñaperros]]. Posúe 105.640 habitantes, ten unha superficie de 1.396,7 km², e unha [[densidade de poboación]] de 75,6 hab/km². A súa capital é [[Linares, Xaén|Linares]].
* [[A Loma]] ou ''La loma'': é o centro da provincia, cunha poboación de 76.961 habitantes e unha superficie de 1.037,4 km². A súa capital, [[Úbeda]].
* [[Campiña de Xaén|A Campiña]]: ten unha poboación de 67.749 habitantes, unha superficie de 1.741,7 km², e unha densidade de poboación de 38,9 hab/km². Parte do seu territorio forma o [[Serra de Andúxar|Parque Natural da Serra de Andúxar]]. A súa capital é [[Andúxar]].