Auschwitz-Birkenau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 47:
Auschwitz II (Birkenau) é o campo que a maior parte das persoas coñece como Auschwitz. Alí se encerraron centenas de millares de xudeus e alí tamén se executaron mais dun millón de xudeus e xitanos.
 
O campo está localizado en [[Brzezinka]] (Birkenau), a 3 km de Auschwitz I. A construción se iniciou en 1941 como parte da '''Endlösung der Judenfrage''' ([[solución final]]). O campo tiña unha extensión de 2,5 km por 2 km e estaba dividido en varias seccións, cada unha delas separadas en campos. Os campos, como todo o complexo enteiro estaban cercados e rodeados de arame farpados e cercas eléctricas (algúns prisioneiros utilizaron o cerco eléctrico para cometerse suicidiosuicidar). O campo albergou até 100.000 prisioneiros en momentos dados.
 
O obxectivo principal do campo, non era de manter prisioneiros como forza traballadora (como era o caso de Auschwitz I e III) senón o seu exterminio. Para cumprir con este obxectivo, equipouse o campo con catro crematorios con [[cámara de gas|cámaras de gas]]. Cada cámara de gas podía recibir até 2.500 prisioneiros por quenda. O exterminio a grande escala comezou na primavera de 1942.