Meseta Central: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
 
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Image:Penhalba0505.jpg|thumb|250px|Paisaxe de [[Peñalba de Ávila]] ([[Submeseta Norte]]).]]
 
A '''Meseta Central''' é a unidade de relevo máis antiga da [[península Ibérica]] e a que ocupa a maior parte da súa superficie. A súa orixe atópase no [[Macizo Hespérico]] xurdido co movemento orogénico herciniano na [[Era Primaria]]. Este macizo foi arrasado pola erosión na [[Era Secundaria]] quedando convertido nunha penillanura que constitúe o zócalo da actual meseta, posteriormente alterado na [[Era Terciaria]] polo movemento orogénico alpino e a erosión e sedimentación ocorridas na [[Era cuaternaria|Era Cuaternaria]].
 
Durante Éraa Terciaria a orogenia alpina afectou ao antigo Macizo Hespérico alterando os seus rebordes, producindo a aparición do [[Macizo Galaico]], os [[Montes de León]] e os [[Montes Vascos]] e o plegamiento dos seus rebordes como son a [[Cordilleira Cantábrica]], ao norte, o [[Sistema Ibérico]], ao nordés, e a flexión-falla de [[SierraSerra Morena]] ao sur. Esta orogenia produciu o choque da placa africana contra a europea comprimindo no medio aos restos de macizo Hespérico producindo ademais a fractura do zócalo que deu lugar aos [[Montes de Toledo]] e o [[Sistema Central]]. Ademais os restos do macizo bascularon cara ao oeste sendo máis tarde sometidos a un proceso de sedimentación que está máis presente no seu lado oriental.
 
O resultado final dos procesos xeolóxicos é unha meseta cunha altitude media ao redor dos 600 metros, aínda que a altitude media da [[Meseta Norte|Submeseta Norte]], a situada ao setentrión do [[Sistema Central]], é maior que a meridional e onde o proceso de sedimentación é maior no seu lado oriental mentres que o occidental son máis visibles os materiais duros e cristalinos orixinais do macizo Hespérico. A concepción da Meseta Central como unha gran altiplanicie separada do resto e situada no centro da Península é relativamente recente e non existía antes do século XIX: foi [[Alejandro de Humboldt]], precisamente, quen primeiro falou da existencia desta unidade do relevo central español.