Historia do Sáhara Occidental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
m amplío
Rocastelo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
En [[1884]] coa expedición de [[Emilio Bonelli]] e a fundación de [[Dakhla|Villacisneros]] comezou a ocupación do territorio por [[España]] que proclamou oficialmente o proctetorado de Río de Oro o [[26 de decembro]] de [[1884]]. En [[1886]] [[José Álvarez Pérez]] e [[Julio Cervera]] exploraron o territorio, malia iso a influencia española non chega máis alá de Villa Cisneros.<br>
En 1904 coa chegada de [[Francisco Bens]], gobernador político-militar, reactívase a colonización do territorio, tenta atraerse á poboación nativa e en 1907 pasou a Aargub, ao outro lado da baía de Villacisneros, en 1910 realizou unha expedición ata Atar, xa en [[Mauritania]]. En 1916 os españois ocuparon [[Cabo Juby]] e en 1920 La Güera. Ata 1934 España só controla tres zonas costeiras, mentres o interior permanece baixo o control das diferentes tribos saharaius. En 1934 os españois ocupan [[Daora]] e [[Smara]]. Durante a [[Guerra Civil española]] o territorio adquire interese político-militar e foméntase o control efectivo do interior. En [[1938]] fundouse [[O Aiún]].<br>
A medida que avanza a colonización a sociedade saharaui sofre unha profunda transformación, desaparecen as distincións entre as tribos guerreiras e as tributarias, todas pasan a depender da autoridade colonial, foméntase a incorporación ao exército español entre a poboación nativa, as organizacións políticas tradicionais como a yemaa e os chiuj perden as súas atribucións orixinais. A colonización española transformatransformou tamén a economía local cos chegada de españois ás cidades e como parte das forzas armadas e polo comezo da industrialización logo do descubrimento das minas de [[fósfato]] de Bu Cra en 1963 que levará a sedentarización da poboación e que en 1974 só o 17% da poboación fora nómade.