Historia do Sáhara Occidental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
m ata 1938
Rocastelo (conversa | contribucións)
m amplío
Liña 2:
A poboación saharaui, ata a chegada dos europeos, organizábase en grupos de familias (fahed) que se agrupaban en cabilas ou tribos, que constituían a unidade social básica dos saharauis, e que ligaba a un grupo unido por un lazo de parentesco patrilineal, que con frecuencia entraban en conflito entre si e que deu orixe a numerosas guerras tribais ata o [[século XX]]. A tribo máis importante era a dos [[Erguibat]]. Fóra da división tribal quedaban os ''maalemin'' (artesáns), ''iggaugen'' (trobadores), ''abid'' (escravos ) e ''haratin'' (libertos).<br>
En [[1884]] coa expedición de [[Emilio Bonelli]] e a fundación de [[Dakhla|Villacisneros]] comezou a ocupación do territorio por [[España]] que proclamou oficialmente o proctetorado de Río de Oro o [[26 de decembro]] de [[1884]]. En [[1886]] [[José Álvarez Pérez]] e [[Julio Cervera]] exploraron o territorio, malia iso a influencia española non chega máis alá de Villa Cisneros.<br>
En 1904 coa chegada de [[Francisco Bens]], gobernador político-militar, reactívase a colonización do territorio, tenta atraerse á poboación nativa e en 1907 pasou a Aargub, ao outro lado da baía de Villacisneros, en 1910 realizou unha expedición ata Atar, xa en [[Mauritania]]. En 1916 os españois ocuparon [[Cabo Juby]] e en 1920 La Güera. Ata 1934 España só controla tres zonas costeiras, mentres o interior permanece baixo o control das diferentes tribos saharaius. En 1934 os españois ocupan [[Daora]] e [[Smara]]. Durante a [[Guerra Civil española]] o territorio adquire interese político-militar e foméntase o control efectivo do interior. En [[1938]] fundouse [[O Aiún]] .<br>
A medida que avanza a colonización a sociedade saharaui sofre unha profunda transformación, desaparecen as distincións entre as tribos guerreiras e as tributarias, todas pasan a depender da autoridade colonial, foméntase a incorporación ao exército español entre a poboación nativa, as organizacións políticas tradicionais como a yemaa e os chiuj perden as súas atribucións orixinais. A colonización española transforma tamén a economía local cos chegada de españois ás cidades e como parte das forzas armadas e polo comezo da industrialización logo do descubrimento das minas de [[fósfato]] de Bu Cra en 1963 que levará a sedentarización da poboación e que en 1974 só o 17% da poboación fora nómade.