Ruta dos miradoiros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 1:
A '''Ruta dos Miradores,''' foi establecida recentemente (2005) en [[Ribadeo]] como dinamización turística aproveitando miradores xa recoñecidos de hai tempo. Parte dende a Praza de España, pasando por detrás da Torre dos Moreno e desprazándose polas rúas da Trinidade e Bispo Veres (a mán dereita) cara ó Mirador da Atalaia:
------
* O '''Mirador da Atalaia''' está o carón da capela máis antiga de Ribadeo; a capela da Nosa Señora da Trinidade. Datada do século XII cunha porta gótica do século XIV. O lugar serviu noutrora para protexe-la vila coas súas murallas e ten coma reflexos dos obxectivos defensivos do emprazamento dous canóns na parte baixa do mirador. Tamén podemos disfrutar dunha preciosa estampa da [[ría de Ribadeo]], dos restos da muralla, o porto e da outra beira da ría, os pobos asturianos das [[As Figueiras, Castropol|Figueiras]] e [[Castropol]]. Pola noite, dispón dun xogo de luces que intensifican a súa beleza.
------
Dando a volta pola mesma rúa de entrada, ou dende a parte inferior polas antigas escaleiras, chegamos á rúa Antón Otero que vai direccion a ría. No fondo remata no paseo marítimo (e outras rúas). Neste paseo achamos na esquerda o porto deportivo de [[Porcillán]], e á dereita un dos recheos da ría. Se ascendemos pola rúa Calvo Sotelo podemos continuar cara ó paseo do Faro, sempre á vista da ría. Se collemos pola vella rúa de ascenso ó pobo, chegamos a rúa Viejo Pancho e pola man dereita nos metemos por un calexón que vai sair a rúa San Miguel. Desta pasamos, polo almenado cuartel vello, a rúa Calvo Sotelo, saindo de novo ó paseo do Faro que se percorre seguindo o carón da Ría de Ribadeo. Aqui atopamos tres miradores: Capela de San Miguel, que fai oposición á asturiana de san Román, dando entre ambas o nome á 'ponte dos Santos' que une as dáus ribeiras da ría, o do Cargadoiro, antigo cargadoiro de mineral, metálico antes e de madeira agora, rodeado dun parque e que ten ó seu pe unha praia, chamada asemade do cargadoiro, e o da [[Illa Pancha]], estrutura moderna de madeira que mira sobre o [[mar Cantábrico]] e os entrantes e saíntes costeiros máis próximos.