Index Librorum Prohibitorum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m + Image
Liña 1:
O '''Index Librorum Prohibitorum''' ou "Índice de libros prohibidos", tamén chamado '''[[Index Expurgatorius]]''' é unha lista daquelas publicacións que os laicos da [[Igrexa Católica]] catalogaron como libros perniciosos; ademais establecía as normas da igrexa con respecto aos libros. O propósito desta lista era previr a lectura de libros ou traballos inmorais que contivesen erros teolóxicos e previr a corrupción dos fieis.
 
[[Image:Index Librorum Prohibitorum 1.jpg|right|thumb|180px|Index Librorum Prohibitorum, 1563]] Foi creado no ano [[1559]] pola [[Inquisición|Sagrada Congregación da Inquisición]] da [[Igrexa Católica Romana]] (posteriormente chamada a [[Congregación para a Doutrina da Fe]]). O índice foi actualizado regularmente ata a súa última edición que data de [[1948]], con materiais que foron agregando tanto a Congregación como o [[Papa]]. A lista non era simplemente un conxunto de obras prohibidas, os [[autor]]es víanse obrigados a defender o seu traballo: podían volver publicalas con modificacións se eles desexaban evitar que algunha engrosase a lista.
 
A trixésima segunda edición, publicada en 1948, contiña aproximadamente 4.000 títulos censurados por varias razóns: [[herexía]], deficiencia moral, [[sexo]] explícito, inexactitudes [[política]]s, entre outras. Autores notables foron incluídos nesta lista: [[Laurence Sterne]], [[Voltaire]], [[Daniel Defoe]], [[Nicolás Copérnico]], [[Honoré de Balzac]], [[Jean-Paul Sartre]], [[André Gide]], o sexólogo holandés [[Theodor Hendrik van de Velde]], autor do manual de sexo ''O matrimonio perfecto''.