Gemma Nierga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Córdoba (España)-> Córdoba, España; cursivas
Liña 1:
'''Gemma Nierga Barris''' é unha xornalista española, nada en [[Girona]] en [[1965]], é unha xornalista española. É licenciada en [[Ciencias da Información]] pola [[Universidade Autónoma de Barcelona]].
 
Deuse a coñecer en [[1984]] como presentadora dun programa de cine en [[Radio Vilassar]] de [[Dalt]]. En [[1985]] pasa á [[Cadena 13]] de [[Barcelona]], tralo cal se incorpora a [[TV3]] para presentar o espazo ''[[Dit i fet]]'' entre [[1987]] e [[1989]].
 
En [[1987]], ficha pola [[Cadena SER]]. Comezou como reporteira nun programa matinal, e máis tarde pasou ó horario nocturno onde se fixo cargo do coñecido programa ''[[Hablar por hablar]]'', que nos seus comezos se emitía para as emisoras de [[Catalunya]] e, desde [[1994]] (e ata a actualidade con distintas presentaoras), para toda [[España]]. Tamén fixo na [[Cadena SER]] espazos culturais, de sucesos e de entrevistas, sobre todo dentro do programa informativo ''[[Hora 25]]''.
 
En aquelaNaquela época, 1993, seguiu presentando en [[TV3]] en diferentes programas:, como ''[[Tres senyores i un senyor]]'', ''[[Pares i fills]]'' e ''[[Tothom per tothom]]''.
*[[1993]]: [[Tres senyores i un senyor]]
*[[1993]]: [[Pares i fills]].
*[[1993]]: [[Tothom per tothom]].
 
Ademais, en [[1995]], presentou, en [[TVE]], o programa ''[[El destino en tus manos]]'' e, en [[1997]], ''[[Hablando con Gemma]]'' en [[Telemadrid]], [[Euskal Telebista]] e [[Canal Sur]].
 
É [[Premios Ondas|Premio Ondas]] [[1997]] polo programa '''Hablar por hablar'''. Ademais é autora do libro do mesmo título, no que recolle experiencias vividas ó longo do espazo co que Nierga conseguiu facerse co liderado de audiencia na franxa de madrugada.
 
En [[1997]], trala saída de [[Javier Sardá]] fíxose cargo do programa ''[[La Ventana]]'' da [[Cadena SER]], líder de audiencia na súa franxa horaria ata a actualidade. Con este programa conseguiu o [[Premio Ondas]] Internacional de radio [[2000]] pola tertulia de niños.
 
A raíz do asasinato do seu contertulio e amigo [[Ernest Lluch]] o [[21 de novembro]] de [[2000]], pola banda terrorista [[ETA]], foi obxecto dunha gran polémica cando na manifestación en repulsa polo crime fixo as seguintes declaracións: "Estou convencida de que Ernest, ata coa persoa que o matou tivera intentado dialogar: vostedes, que poden, dialoguen por favor".
 
En xullo de [[2004]], casou con José Antonio Cabanillas, teniente alcalde por [[Izquierda Unida (España)|Izquierda Unida]] (IU) na cidade de [[Córdoba, (España)|Córdoba]], onde residen. É nai dun neno, Pau, que naceu o 28 de setembro de [[2005]].
 
[[Categoría:Personalidades do xornalismo|Nierga, Gemma]]