*[[Tzakhas]], un aventureiro turco instálase en Esmirna, autoproclámase emir e comeza, con axuda dunha frota, que acolle incluso bizantinos, a conquistar illas e territorios costeiros do mar Exeo (até que é derrotado por [[Alexo I Comneno]] cara [[1090]]).
*O rabbino [[Josef ibn Ferrusel]] «Cidiello» é elevado a conselleiro e medico do rei [[Afonso VI de Castela]] (até [[1095]]).
*[[Concilio de Burgos]]: adóptase para os reinos [[Reino de Castela|casteláns]] na liturxia o rito romano, en substitución do rito hispano (tamén denominado "mozárabe").
*O papa [[Gregorio VII, papa|Gregorio VII]] escomunga ao emperador xermano [[Henrique IV, Emperador|Henrique IV]], por segunda vez.
*[[Al-Mutamid ben Abet]], rei [[taifa]] de [[Sevilla]], toma a cidade de [[Córdoba, España|Córdoba]].