Galicia na monarquía visigoda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
categoría
Córdoba -> Córdoba, España
Liña 8:
A crise final visigoda remontaría ao reinado de [[Éxica]]. Este monarca declarou herdeiro ao seu fillo [[Witiza]] e xa en vida asociouno ao trono, no ano [[698]], pese a que a lei visigoda obrigaba á elección dun novo rei e non á transmisión hereditaria. Dita asociación consistiu en entregarlle o goberno da [[Gallaecia]], exercendo como rei con capital en [[Tui]]. Witiza vai ser rei da Gallaecia cando menos ata a morte do seu pai, o que supón unha situación novidosa nesta etapa final e conflitiva da monarquía visigoda, evidenciando a actividade política que Galiza conservaba cen anos despois da fin da monarquía [[suevos|sueva]]. No ano 702 coa morte de [[Éxica]], [[Witiza]] asume tamén o goberno de Hispania, trasladándoo a [[Toledo]] onde gobernaría ata o ano [[710]]. Trala súa morte, un sector aristocrático visigodo impediu a subida ao trono do seu fillo [[Axila]], impoñendo pola forza a Rodrigo, o que supuxo un irresoluble conflito civil entre os seus partidarios e os dos fillos de Witiza. Será no ano [[711]] cando os inimigos de [[Rodrigo]] logren que un exército musulmán cruce o estreito de [[Xibraltar]] e presente batalla a Rodrigo en [[Batalla de Guadalete|Guadalete]], onde este é derrotado, fito que marca a fin do goberno visigodo en [[Hispania]], e que terá unha transcendencia histórica total para as dúas restantes entidades políticas: [[Gallaecia]] e [[Septimania]].
 
No ano [[715]] [[Abd al-Aziz ibn Musa]] toma por esposa á viúva de [[Rodrigo]], chamada [[Exilona]] titulada ''reginam Spanie''<ref>Crónica Mozárabe, ed. López Pereira, 1980a, ps. 76-79: "cum reginam spanie in coniugo copulatam.</ref>, confirmando a continuidade dinástica, transferida así lexitimamente ao gobernador [[musulmán]]. Con este feito os gobernantes musulmáns consideráronse politicamente continuadores do anterior estado e asumiron os atributos detidos antes polos reis [[visigodos]] de [[Toledo]]. Deste xeito, coa conquista de toda ''Spania'' polos musulmáns, alén das súas fronteiras, os [[emir|emires]] [[Córdoba, España|cordobeses]] serían coñecidos co título de ''rex Spanie''<ref>Ed. Lafuente Alcántara, 1867, p. 166.</ref>. A partir dese intre comeza unha nova concepción xeográfica, pois España vai ser o nome co que se designe ao territorio musulmán, e Galicia ao territorio cristián. Así o historiador [[Al-Maqqari]] deixa claro a extensión do dominio musulmán ao referirse a conquista de comezos do [[século VIII]]:
 
<center>{{Cita|''Non quedou lugar sen dominar en Al-Andalus se exceptuamos o país de Galicia''<ref> Al-Maccari, Histori, ed. Gayangos, 2002, v. I, p.291.</ref>.}}</center>