Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Tradutores
Xosel (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
== Rexistro mensaxes antigas ==
 
Mensaxes antigas aquí : [[User talk:Xosel/arquivo 1|1]]
 
== Novas mensaxes ==
 
Hola xosel. Vou comezar a traduccir o teu articulo dos Irmandiños ó castelan.
Att. Miguel Pereiro
* Ola, Xosé Luis, como vai? Grazas pola gabanza. En galego é '''compás''', moi similar ao inglés "compass", e a verdade é que llelo teño escoitado a mariñeiros. En portugués é bússola, que á vez procede do italiano do sur "bússola" (<buxo), que significaba ´caixiña´. Saúdos. --[[User:Xoán Carlos Fraga|Xoán Carlos Fraga]] 17:32, 5 decembro 2005 (UTC)
 
*Agradecido XoséL, non era a miña intención amolar a ninguén, tan so me limitaba a levar a cabo as proximas renovación dalgunhas regras da wiki que se van a introducir de xeito urxente tal e como se menciona neste [[http://www3.terra.com.ar/canales/tecnologia/128/128490.html artigo]]. Máis nada, as miñas desculpas. --[[User:Xelo2004|Xelo2004]]<sup>[[User talk:Xelo2004|(Se non estás dacordo, dimo)]]</sup> 22:49, 7 decembro 2005 (UTC)
 
*Ola, estou de acordo en que ao mellor me precipitei en borrala, se o fixen así foi porque non atopei a palabra no dicionario que uso habitualmente, atopeino como referencia nunha obra sobre o léxico local da Mariña luguesa, polo que pensei que era unha palabra de uso local, non sei se es da Mariña, se es doutra comarca e empregas a palabra é obvio que non é unha palabra local. Se che parece ben, o mellor que podemos facer é poñer un texto na páxina de discusión do artigo comentando a tradución de Big Splash como Gran Chouplo e se alguén ten referencias doutras traducións en obras de referencia galegas, xa que se xa hai unha forma habitual no mundo científico galego de traducila non a debemos modificar, se non existe e chouplo non é unha palabra local, a min persoalmente non me parece mal que se empregue mentres non haxa unha forma estándar. Espero que logo desta explicación entendas porque o fixen, aínda que non o compartas. En todo caso mentres o discutimos vou reverter a miña edición no artigo.--[[User:Rocastelo|Rocastelo]]<sup>[[User talk:Rocastelo|(fálame aquí)]]</sup> 15:05, 8 decembro 2005 (UTC)
 
== Estados Unidos ==
Ola, xa existe [[Estados dos Estados Unidos da América]] polo que haberá que combinalo co que acabas de facer, saúdos.--[[User:Rocastelo|Rocastelo]]<sup>[[User talk:Rocastelo|(fálame aquí)]]</sup> 13:33, 10 decembro 2005 (UTC)
*Tes razón en que me precipitei e non só por que non creaches unha páxina (senón unha redirección), aínda que realmente na actualidade os dous só se refiran aos estados, é evidente que os estados non son as únicas entidades dos EUA, hai tamén condados, cidades, territorios, reservas indias... que se poderían engadir ás Subdivisións dos Estados Unidos, polo que as páxinas non se deben fusionar, saúdos. --[[User:Rocastelo|Rocastelo]]<sup>[[User talk:Rocastelo|(fálame aquí)]]</sup> 14:49, 10 decembro 2005 (UTC)
*Ola, Xosé Luis. Como vai. Acabo de mandarche un correo. Vémonos.--[[User:Xoán Carlos Fraga|Xoán Carlos Fraga]] 16:15, 10 decembro 2005 (UTC)
 
== Budismo ==
*Ola, ben en realidade budismo é substitutiva de relixión (un artigo non debera ter dúas categorías dependentes (por ex. está categorizada en Cidades de Francia non se debera categorizar en Francia por ser redundante), o problema é que relixión é unha categoría sobre a que aínda non se decidiu, e o que pretendía é que estivera categorizada, borrei budismo por non estar creada e o traballo ía ser o mesmo se creo categoría relixión sen borrar budismo, xa que cando se cree budismo habería que borrar relixión nos artigos que teñan esas dúas categorías xuntas, aínda que como hai xa relativamente bastantes artigos sobre budismo, podemos crear xa a categoría budismo, independentemente do que se decida cando se discuta a categoría relixión parece lóxico que entre as subcategorías de relixión estean as diferentes relixións, de se cambiar no futuro o nome o cambio poderíao facer un bot.--[[User:Rocastelo|Rocastelo]]<sup>[[User talk:Rocastelo|(fálame aquí)]]</sup> 21:50, 15 decembro 2005 (UTC)
 
*En principio así debe ser, pero hai categorías sobre as que aínda non se discutiu como relixión, e aínda así existe, enténdense que están creadas de xeito provisorio mentres non se discuta, ao mesmo que as subcategorías que dependen dela, así en relixión existe cristianismo, biblia... todas creadas provisoriamente e por haber xa un número de artigos significativo, e parece lóxico que cando se debata a categoría relixión, as distintas relixións van ser subcategorías dela, se cando se produza o debate, polo que sexa se decida que as distintas relixións non sexan categorías, entón haberá que modificalo (ben por un bot ou ben manualmente) e non se debe crear unha categoría cando sexa moi dubidoso que ao final vaia ser unha categoría oficial. Si debe haber debate cando a categoría xa foi discutida e se queira crear unha nova categoría que dependa dela ou modificala. Por suposto ti ou calquera pode facer en calquera momento unha proposta para o debate sobre a categoría relixión para que se estableza de forma oficial.--[[User:Rocastelo|Rocastelo]]<sup>[[User talk:Rocastelo|(fálame aquí)]]</sup> 21:03, 17 decembro 2005 (UTC)
*Ben ata agora as categorías aprobadas ou sobre as que se discutiu son Historia, Deportes, Lingüística, Xeografía, Química, Informática, bioloxía, Arte e cultura e estatística.
Dende logo hai artigos que non se poden clasificar en ningún desas e clasifícanse en categorías que non son oficiais, chámalle entón provisorio ou oficiosas ou como queiras, por exemplo física, medicina, relixión. Evidentemente cando eu o vexo lóxico non quere dicir que o resto estean de acordo, entón o que ten que facer é ir á miña páxina de discusión ou na páxina de discusión da categoría e dicilo e aínda mellor se fai unha proposta sobre a categoría, porque todo é un sustitutivo do que se debera facer que é unha proposta oficial da categoría, eu non a fixen porque non teño tempo de facer de todas as que faltan. Para min é obvio que de ter serias dúbidas que unha categoría vaia ser oficial non se debe crear, se non estás de acordo estás no teu dereito. Segundo vexo a túa idea é que se unha categoría non se discutiu non debera existir, paréceme ben pero iso deixaría sen clasificar unha boa parte dos artigos da Galipedia. O lóxico sería que xa se debateran todas as ramas das categorías, pero non é así somos poucos e imos despacio. --[[User:Rocastelo|Rocastelo]]<sup>[[User talk:Rocastelo|(fálame aquí)]]</sup> 22:15, 17 decembro 2005 (UTC)
**Non che contestara á última parte: calquera pode crear unha categoría sobre unha rama sobre a que non se discutiu, se o resto dos colaboradores non están de acordo, para iso están as páxinas de discusión, pero como di Prevert co Proxecto 5000 as cousas estarán máis claras.--[[User:Rocastelo|Rocastelo]]<sup>[[User talk:Rocastelo|(fálame aquí)]]</sup> 22:32, 17 decembro 2005 (UTC)
 
*Permitídeme que entre no debate, penso que axiña terá solución o tema das categorías, alo menos dunhas cantas. Cando se poña en marcha o ''Proxecto5000'' entre finais deste ano e comezo do ano próximo. Así que é unha cuestión de tempo. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|(talk)]]</sup> 22:25, 17 decembro 2005 (UTC)
------
*Mandeiche novo correo.--[[User:Xelo2004|Xelo2004]]<sup>[[User talk:Xelo2004|(Se non estás dacordo, dimo)]]</sup> 00:08, 4 xaneiro 2006 (UTC)
*Resposta enviada a correo.--[[User:Xelo2004|Xelo2004]]<sup>[[User talk:Xelo2004|(Se non estás dacordo, dimo)]]</sup> 22:06, 4 xaneiro 2006 (UTC)
*Se o final decidiches polo programa, e fixeches unha conta en hotmail, podes engadime (xelo2003_lugo -algarroba-hotmail.com), agora mesmo estamos en discusion directa sobre un tema de commons. Gustaríache participar?--[[User:Xelo2004|Xelo2004]]<sup>[[User talk:Xelo2004|(Se non estás dacordo, dimo)]]</sup> 21:34, 6 xaneiro 2006 (UTC)
 
== Islam ==
 
*Islam non leva acento. Foi un erro meu que logo alguén (non lembro quen) corrixiu. [[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé| (&#9993;) ]]</sup> 19:09, 8 xaneiro 2006 (UTC)
 
== Bot ==
 
Hi, you should read [[meta:Using the python wikipediabot]]. Once you have installed the software, run <code>python replace.py -help</code>, the script replace.py probably can do everything you need. I guess you will also need [[:en:regular expression]]s to do orthographic changes. If you need help, just ask. --[[:de:Benutzer:Head|Benutzer:Head]] 17:19, 17 xaneiro 2006 (UTC)
 
== Tradutor ==
Ola. sei que vai algún tempo entre xelo e ti estivéchedes falando dos tradutores. Eu collín e fixen algunha esperiencia co qeu andábades entre mans e gustoume, pero non sei onde metín a ligazón e información. Podes pasarme información / ligazón / outros?.
 
Graciñas.--[[User:Agremon|Agremon]]<sup>[[User talk:Agremon|(contacto)]]</sup> 16:58, 22 xaneiro 2006 (UTC)