Traducido da enciclopedia española. Category: Guerras
(Amaño ligazón perdigóns) |
(Traducido da enciclopedia española. Category: Guerras) |
||
Unha '''escopeta''' é unha [[arma]] de ánima lisa, de man e que se soporta co ombreiro, deseñada para descargar varios [[proxectil|proxectís]] (pequenas balas, coñecidas como [[perdigón]]s) en cada disparo.
Trátase dun tipo de arma lixeira utilizada sobre todo en [[caza]] menor, en particular para aves ou en competicións de tiro ao branco. As escopetas utilizadas na caza maior ou destinadas a usos de policía ou propósitos militares cárganse cunha única posta cónica ou con perdigóns de maior tamaño.
Ata a primeira metade do [[século XIX]] utilizábase o termo escopeta para referirse a pezas de caza de [[Paxaro|paxaros]] ou aves. O disparo dunha carga de perdigóns na caza menor menciónase nas leis [[Inglaterra|inglesas]] en [[1549]], pero este tipo de armas non acadaron a súa expansión ata os albores do [[século XVII]]. Ata o final do [[século XVIII]], a maioría das pezas tiñan un único canón. Algunhas melloras na ignición permitiron reducir a lonxitude e o peso destas armas, o que fixo posible a fabricación de armas de dous canóns (un á beira do outro) e se popularizou a caza de aves en voo.
Como consecuencia dos avances na fabricación de todo tipo de armas ata a metade do [[século XIX]], as escopetas sufriron algunhas melloras. Neste período se perfeccionou o canón facéndolle a boca máis estreita, de forma que os perdigóns se manteñen máis xuntos en distancias longas. Máis adiante reduciuse a lonxitude do canón ata as magnitudes habituais dos nosos días, de 0,5 a 0,8 metros.
En [[1880]] apareceron as escopetas de repetición dun só canón, pero se estenderon con lentitude. Así a todo, hoxe constitúen a maioría das escopetas comercializadas. Ademais das escopetas tradicionais dun canón ou de dous canóns laterais, que non cambiaron, no [[século XX]], existen tamén as escopetas semiautomáticas e de acción de bombeo.
Tamén no século XlX se usaba o [[trabuco]] español que era unha arma de fogo coa boca acampanada e de gran calibre.
[[Category: Guerras]]
[[de:Flinte]]
[[en:Shotgun]]
[[fi:Haulikko]]
[[he:רובה ציד]]
[[ja:散弾銃]]
[[nl:Jachtgeweer]]
[[nn:Hagle]]
[[pl:Strzelba]]
[[sl:Šibrenica]]
[[sv:Hagelgevär]]
==Véxase tamén==
*[[Perdigón]]
*[[Caza]]
|