Unión Demócrata Cristiá de Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
m frase
Rocastelo (conversa | contribucións)
m historia
Liña 4:
 
== Historia ==
A CDU fundáronna despois da [[Segunda Guerra Mundial]] militantes e dirixentes do antigo partido católico, [[Zentrum]], pero tamén participaron na súa fundación políticos protestantes procedentes doutros partidos ou sen afiliación anterior. O seu primeiro líder foi [[Konrad Adenauer]], o primeiro chanceler da [[República Federal de Alemaña]], que tivo ao CDU como o principal partido ata que a partir de 1966 entrou en crise, aínda que se mantivo no poder ata 1969 grazas a unha coalición co [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]] cun chanceler da CDU.<br>
En 1982 a CDU volveu ao poder ao pactar coa FDP. En 1983 baixo o liderato de [[Helmut Kohl]] gañou as eleccións e converteuse no novo chanceler da RFA. Kohl foi o gran valedor da reunificación das dúas alemañas tras a caída do Muro en 1989, que se produciu finalmente o [[3 de outubro]] de [[1990]]. A CDU gañou as eleccións da nova Alemaña unificada pero perdeu moito da súa popularidade pola recesión económica na antiga RDA e o aumento dos impostos no oeste, aínda así gañou tamén as eleccións de 1994.
 
== Líderes ==