Voces Ceibes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m minúscula
Zumbi (conversa | contribucións)
Liña 5:
Na cociña de Voces Ceibes tivo o seu papel o concerto que o [[9 de maio]] de [[1967]] ofreceu [[Raimón]] no estadio universitario de Santiago. Naquela altura existía un movemento de [[canción protesta]] en boa parte do mundo occidental, e en particular na [[península Ibérica]]<ref>Carta de [[Manuel María]] a [[Xosé Neira Vilas]] ([[1969]]), ''cit. in'' [http://blogs.crtvg.es/mu/diariocultural/2008/12/04/voces-ceibes-corenta-anos-despois/ Voces Ceibes, corenta anos despois], [[blog]] do ''[[Diario cultural]]'', [[Radio Galega]], 4/12/2008</ref>.
 
Pero a primeira aparición pública do colectivo galego tivo lugar case un ano despois, nun recital de música galega organizado no paraninfo da [[Facultade de Medicina de Santiago|facultade de Medicina]] da [[Universidade de Santiago de Compostela]] o [[26 de abril]] de [[1968]]. Ao recital acudiron 2.000 persoas e os folletos de promoción foran redactados por [[Xesús Alonso Montero]]. Neste primeiro concerto participaron [[Benedicto]] coas cancións ''Eu son a voz do pobo'', ''Un home'', ''Loitemos'' e ''Carta a Fuco Buxán''; [[Xavier del Valle|Xavier]] con ''Monólogo do vello traballador'', ''María Soliña'', ''Romance incompleto'' e ''[[Longa noite de pedra]]''; [[Guillermo Rojo]] con ''Quen tivera vinte anos'', ''Tirade ao chan os fusiles'', ''A vós irmáns'', ''Señor, eu fun poeta''; [[Xerardo Moscoso]] con ''Deuda cumprida'' e ''Réquiem Nº II'' e [[Vicente Araguas]] con ''Comunión'', ''A cea'' e ''Eles non sabían cantar''. Como se pode comprobar, os poemas de [[Celso Emilio Ferreiro]] formaban a parte fundamental do repertorio, a canda composicións propias.
''Carta a Fuco Buxán''; [[Xavier González del Valle|Xavier]] con ''Monólogo do vello traballador'', ''María Soliña'', ''Romance incompleto'' e ''[[Longa noite de pedra]]''; [[Guillermo Rojo]] con ''Quen tivera vinte anos'', ''Tirade ao chan os fusiles'', ''A vós irmáns'', ''Señor, eu fun poeta''; [[Xerardo Moscoso]] con ''Deuda cumprida'' e ''Réquiem Nº II'' e [[Vicente Araguas]] con ''Comunión'', ''A cea'' e ''Eles non sabían cantar''. Como se pode comprobar, os poemas de [[Celso Emilio Ferreiro]] formaban a parte fundamental do repertorio, a canda composicións propias.
 
En maio dese ano realizouse unha xuntanza en no hotel Compostela de [[Santiago]] para organizar un colectivo de canción galega ó xeito dos cataláns [[Els setze jutges]] ou os vascos [[Ez dok amairu]]. A ela acudiron [[Vicente Araguas]], [[Benedicto]], [[Xavier del Valle|Xavier]], [[Xerardo Moscoso]], así como [[Margariña Valderrama]] e [[Alfredo Conde]]. O colectivo, que tiña como características sobranceiras cantaren unicamente en [[lingua galega|galego]] e a [[canción protesta|canción social]] e belixerante, déuselle o nome de Voces Ceibes a proposta de [[Xavier del Valle|Xavier]].
 
===Consolidación===