Segunda guerra mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 18:
Tras ceder ás presións de Alemaña para rearmarse, anexionarse [[Austria]] e crear protectorados en [[Checoslovaquia]], o [[Reino Unido]] e [[Francia]] declaran a guerra a [[Alemaña]] trala [[invasión de Polonia]], país dividido no pacto entre [[Hitler]] e [[Stalin]], en virtud do cal a [[Unión Soviética]], non belixerante cos aliados, invade tamén os países bálticos ([[Estonia]], [[Letonia]] e [[Lituania]]).
 
Nos comezos a guerra en Europa non é moi intensa, reducíndose a esporádicas escaramuzas nas fronteiras e no mar. Sen embargo, en [[1940]] Hitler lanza a súa ofensiva cara o oeste e conquista en poucos días Bélxica, Holanda e Dinamarca, gracias as técnicas de [[guerra relámpago]] do mariscalxeneral [[RommelHeinz Guderian]]. Días despois, [[Francia]] capitula ante o réxime nazi e o [[Reino Unido]] queda so fronte [[Alemaña]]. [[Italia]] e [[Xapón]] non tardarán en declararlle á guerra e en ameazar as súas colonias en África e Asia.
 
Alemaña comeza a preparar a invasión das [[Illas Británicas]] operación coñecida como [[Leon Marino]] iniciando unha campaña de bombardeos destinada a acadar a superioridade aérea que foi coñecida como a [[Batalla de Inglaterra]]. Tras meses de loita os alemáns sufren importantes baixas, esta sangría xunto ás necesidades para a preparación do ataque á Unión Soviética os obriga abandonar o seu proxecto de invadi-lo Reino Unido, ainda que con menor intensidade os bombardeos sobre poboación civil non cesan.
Liña 26:
Considérase que a segunda fase de guerra comeza coa entrada no bando aliado da [[Unión Soviética]] e os [[Estados Unidos]]. A [[Unión Soviética]] é invadida por Alemaña, que rompe o pacto de non agresión, e comeza a recibir axuda militar do [[Reino Unido]] en forma de convois. Tralo ataque sorpresa á base hawaiana de [[Pearl Harbour]], os [[Estados Unidos]] declaran a guerra a [[Xapón]], que comeza unha política aínda máis agresiva no Pacífico, conquistando Hong Kong, as Filipinas e incluso bombardeando [[Australia]].
 
O desembarco de forzas Norteamericanas no [[norte de África]], comandadas polo [[Xeneral]] [[Patton]] pon fin ás batallas neste territorio, colaborando co exército británico de [[Montgomery]]. Polas mismas datas, a veloz invasión da [[Unión Soviética]] sofre un grande revés coa rendición do exército alemán en [[Stalingrado]], donde máis de medio millón de soldados son feitos prisioneros. A [[Batalla de Kursk]] daría a vantaxe á [[Unión Soviética]] no frente oriental, o máis feroz e o que máis mortes causou de toda a guerra. Por último, o outro punto de inflexión dase no Pacífico, onde a flota americana esnaquizaafunde catro portavións xaponeses na [[Batalla de Midway]].
 
Na terceira fase, a partir do ano [[1943]], a derrota do [[eixe]] é clara e os aliados comezan a conquistar máis e máis terreo. No Pacífico, os americanos van reducindo o control xaponés coa táctica de '''[[island hopping]]''' do xeneral [[MacArthur]]. No frente oriental, os soviéticos van facendo avanzar as súas liñas cada vez máis, e no occidental os aliados conquistan a maior parte de Italia.