Xoán Rubia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zumbi (conversa | contribucións)
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
A comezo da súa carreira musical é temperán é coincide coa súa etapa de estudante de Filosofía e Letras en [[Santiago de Compostela]]. Nesa época coincidirá co xurdimento e primeiros anos do colectivo [[Voces Ceibes]], do que está próximo en canto a estilo e intención política. É sometido por [[Benedicto]] a unha especie de proba de ingreso no grupo da que se conclúe que non cumpre con todos os requisitos para formar parte del<ref>''Voces Ceibes''; Autor: Vicente Araguas; Editorial: Xerais, 1991.</ref>. O feito de non pertencer estrictamente ao movemento non impedirá que comparta cos seus membros escenarios, discográfica, presenza en recompilatorios musicais e tamén parte da vixiancia e persecución policial.
 
O seus primeiros traballos verán á luz da mao da casa catalá Edigsa, que centra a súa aposta no músico en crear unha figura intermedia entre o pop comercial que representaba [[Andrés do Barro]] e a canción fortemente politizada de [[Voces Ceibes]]. Boa parte da súa carreira musical oscilará entre estes dous extremos, combinando cancións políticas (''Neno progre'', ''O señorito'', ''Fala pobo'' ou poemas musicados de [[Federico García Lorca]]) con outros temas de inspiración sentimental ou adaptados do cancioneiro popular. Este feito tamén afectará aos seus ámbitos de actuación, xa que, se por unha banda ten compartido escenarios xunto a autores vencellados á canción de intervención social, tamén se lle abren outros que permanecen vetados para estes, como determinadas sociedades recreativas. Curiosamente chega a ter incidentes nalgunhas delas polo feito de cantar só en [[lingua galega|galego]], como o acontecido a comezos dos setenta no Tenis Club de [[Ferrol]], e que lle inspirará as cancións ''Neno progre'' e ''O señorito''.
 
O seu último traballo musical data do ano [[1996]], porén segue facendo esporádicas actuacións públicas. No ano [[2005]] a súa canción ''Fala pobo'', de [[1978]] sería empregada como parte da banda sonora do conxunto de curtametraxes ''[[Hai que botalos]]'', feito como oposición aos gobernos de [[Manuel Fraga]] e incitando ao cambio político. Actualmente colabora tamén con artigos de opinión en distintos medios de prensa da zona de [[Ferrolterra]].