Xoán Rubia: Diferenzas entre revisións

cantautor galego
Contido eliminado Contido engadido
Zumbi (conversa | contribucións)
Nova páxina: "Francisco Xosé Xoán Rubia Alejos (Mugardos, 27 de outubro de 1947), coñecido popular e artísticamente como '''Xoán Rubia''', é un músico galego vencellado á canci…"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2009 ás 19:10

Francisco Xosé Xoán Rubia Alejos (Mugardos, 27 de outubro de 1947), coñecido popular e artísticamente como Xoán Rubia, é un músico galego vencellado á canción de intervención social.

Traxectoria

A comezo da súa carreira musical é temperán é coincide coa súa etapa de estudante de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Nesa época coincidirá co xurdimento e primeiros anos do colectivo Voces Ceibes, do que está próximo en canto a estilo e intención política. É sometido por Benedicto a unha especie de proba de ingreso no grupo da que se conclúe que non cumpre con todos os requisitos para formar parte del[1]. O feito de non pertencer estrictamente ao movemento non impedirá que comparta cos seus membros escenarios, discográfica, presenza en recompilatorios musicais e tamén parte da vixiancia e persecución policial.

O seus primeiros traballos verán á luz da mao da casa catalá Edigsa, que centra a súa aposta no músico en crear unha figura intermedia entre o pop comercial que representaba Andrés do Barro e a canción fortemente politizada de Voces Ceibes. Boa parte da súa carreira musical oscilará entre estes dous extremos, combinando cancións políticas (Neno progre, O señorito, Fala pobo ou poemas musicados de Federico García Lorca) con outros temas de inspiración sentimental ou adaptados do cancioneiro popular.

O seu último traballo musical data do ano 1996, porén segue facendo esporádicas actuacións públicas. No ano 2005 a súa canción Fala pobo, de 1978 sería empregada como parte da banda sonora do conxunto de curtametraxes Hai que botalos, feito como oposición aos gobernos de Manuel Fraga e incitando ao cambio político. Actualmente colabora tamén con artigos de opinión en distintos medios de prensa da zona de Ferrolterra.

Discografía

Discos en solitario

  • Edigsa/Xistral XIS 7 (EP, Edigsa, 1968), inclúe os temas Cantiga de berce á morte de Federico García Lorca, Meu amor, A emigración e O can ten frío.
  • Edigsa-Xistral XIS 11 (EP, Edigsa,1969), inclúe os temas Cancioeiro, Noiturnio do adoescente morto, Berro e Cantiga do neno da tenda.
  • Cantares da miña terra (LP, Philips, 1973)
  • Lembranzas (LP, Novola-Abrente-Zafiro, 1977)
  • Nadal (LP, 1980)

Singles

  • Philips 60 29 119 (Single, Philips, 1972), inclúe os temas Catro vellos mariñeiros e Vexo Vigo.
  • Philips 6029 145 (Single, Philips, 1972), inclúe os temas Lémbraste e Madrigal á cibdá de Santiago.
  • Philips 60 29 176 (Single, Philips, 1973), inclúe os temas Mira Maruxa e Alborada.
  • Philips 6029 207 (Single, Philips, 1973), inclúe os temas Lévame, lévame, lévame e María Soliña.
  • Philips 6029 232 (Single, Philips, 1974), inclúe os temas Non lle temas, mariñeiro e Cando vexas que me vou.
  • Philips 60 29 337 (Single, Philips, 1975), inclúe os temas Neno progre e O señorito.
  • Philips 60 29 293 (Single, Philips, 1975), inclúe os temas O poder do diñeiro e Cousas e xentes.
  • Novola-Abrente-Zafiro NOX-301 (Single, Novola-Abrente-Zafiro, 1978), inclúe os temas Fala pobo e Cousas e xentes.

Colaboracións e traballos colectivos

  • Panxoliñas nas voces Maria Manuela y Xoán Rubia (1977) ,xunto con María Manuela.
  • Na percura da intimidade (1996), acompañado do grupo Sphaira.

Recompilatorios

  • Galicia canta (LP colectivo, Pobovox, Caracas, Venezuela, 1970)
  • 7 anos de canción galega (LP colectivo, Ruada, A Coruña, 1979)
  • Benvido Noventa (LP colectivo, CRTVG, 1989), co tema Toca o pandeiro, Manoel.
  • A Gran Escolma da Música Galega (6 CD's colectivos, Fonomusic, Madrid, 1993)


Referencias

  1. Voces Ceibes; Autor: Vicente Araguas; Editorial: Xerais, 1991.