Literatura galega dos Séculos Escuros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
A primeira manifestación poética dos Séculos Escuros achámola no ano [[1506]]. Trátase dunha composición feita en homenaxe ao consorte da raíña [[Xoana de Castela]] (popularmente coñecida como [[Xoana "A Tola"]]), [[Filipe o Fermoso]], con motivo do desembarco da parella na cidade da Coruña. A respecto desa cantiga, dixo [[Xosé María Álvarez Blázquez]] que: "non é aventurado supor que xurdise como consigna dos nobres galegos, desexosos de gabar o novo Rei". Atribúelle este estudoso, pois, unha finalidade política á creación desta composición. En efecto, o rei [[Fernando II de Aragón]], "o Católico", non favorecera demasiado á nobreza galega. Fora a súa esposa, de feito, quen levou a termo o chamado "proceso de doma e castración do Reino de Galiza". Por isto, os nobres galegos non verían con malos ollos, ''a priori'', o goberno deste monarca, posto que podería supor unha mudanza (que non se produciu) nas relacións entre [[Galiza]] e [[Castela]].
 
Tamén do século XVI data un hipotético ciclo de [[romance]]s nos que se conta a historia da morte do Mariscal [[Pardo de Cela]]. Desta serie de composicións só conservariamos na actualidade dous testemuños escritos, entre os que destaca o chamado ''Lamento da [[Frouseira]]'' . Este último, elaborado entre [[1530]] e [[1540]], foi atribuído erroneamente ao poeta portugués [[Luís de Camões]]. Neste tipo de composicións ensálzase e idealízase a figura deste personaxe histórico, que aparece caracterizado como un señor feudal insubmiso á vontade da raíña [[Isabel I de Castela]], "a Católica", defensor da terra, que só pode ser derrotado a través da traizón dos seus achegados. Esta mesma imaxe será recollida por [[Ramón Cabanillas]] e [[Antón Vilar Ponte]] na súa obra dramática '' O Mariscal'' ([[1926]]). Nas dúas creacións poéticas citadas nárrase o momento da tráxica morte do Mariscal e do seu fillo, axustizados pola Coroa de Castela. Tamén do século XVI é o ''Soneto de [[Monterrei]]''.
 
Tamén se ten falado do poema de ''La Araucana'' ([[1589]]) de [[Isabel Castro e Andrade]] (condesa de [[Altamira]]) como un outro testemuño literario dos Séculos Escuros realizado no século XVI. Mais, realmente, esta composición está escrita en [[lingua portuguesa]] e, polo tanto, de acordo co canon estabelecido en 1963 por [[Ricardo Carvalho Calero]] ("só é literatura galega a escrita en galego"), pertencería á [[literatura portuguesa]], non á galega. Si pertencerían á nosa literatura unha serie de sonetos da autoría da mesma condesa dos que temos noticia, mais que actualmente están perdidos.