Organismo pluricelular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Un '''organismo pluricelular''' (das formas do [[latín]] ''plures, plura, plurium'' que significa "varios", "moitos"; e ''cellula'', [[diminutivo]] tamén latino de ''cella'', "celda", "habitación pequena") é aquel que está constituído por máis dunha [[célula]] e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos organismos unicelulares - [[protozoo]]s e [[bacteria]]s, entre moitos outros- que reúnen todas as súas funcións vitais nunha única célula.
 
A pluricelularidade ten a vantaxe de que permite a especialización de diferentes grupos celulares, ao liberar as células de ter que asumir todas as funcións vitais. Así, se posibilita a formación de diferentes tecidos e órganos. Un grupo de células similarmente diferenciadas que levan a cabo unha determinada función nun organismo multicelular coñécese como un tecido. Non obstante, nalgúns organismos unicelulares, tales como [[myxobacteria]], atopan células diferenciadas, aínda que a diferenciación é menos pronunciada que a que se atopa tipicamente en organismos pluricelulares.